“Unha iniciativa para todas as idades, pero bastante enfocada nas persoas maiores, que son unha prioridade para nós”, explica a alcaldesa, María Loureiro
Viveiro, 31 de xaneiro de 2024. O Concello de Viveiro acollerá o programa Xunt@s da Deputación de Lugo, unha iniciativa coa que o Goberno provincial busca impulsar a participación cidadá e o asociacionismo.
“Promover o benestar social da nosa cidadanía, fomentando encontros e actividades, é unha prioridade para nós como Goberno local. Por iso agradecemos á Deputación a nosa inclusión neste programa, con actividades deportivas e culturais”, sinala a concelleira de Benestar Social, Infancia e Saúde, Catalina Fernández.
Celebraranse unhas xornadas de promoción do deporte, os días 20, 22, 27 e 29 de febreiro; 5, 7, 12, 14, 19 e 21 de marzo; e 2, 4, 9, 11, 16 e 18 de abril. Serán de 11.30 a 12.30 no pavillón polideportivo municipal.
Tamén haberá unha xornada sobre envellecemento activo, o día 8 de febreiro ás 17.30 na sala multiusos do Concello de Viveiro (imaxe adxunta). O día 1 de marzo, celebrarase un evento centrado na nutrición ás 17.00, de novo na sala multiusos do Concello.
A iniciativa busca reverter o parón na actividade social das vilas e mellorar a saúde mental e o benestar social da cidadanía. O Concello de Viveiro súmase así a esta iniciativa, que fomenta o arraigo e a sociabilidade entre a veciñanza, intercambiando experiencias e fomentando as actividades.
“Son iniciativas e actividades para todas as idades, pero bastante enfocadas nas persoas maiores, que son unha prioridade para nós”, explica a alcaldesa, María Loureiro



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



