Mondoñedo, 21 de marzo, 2024. Con motivo do Día Internacional da Muller, o Concello de Mondoñedo, a través do Centro de Información ás Mulleres, está a realizar unha serie de actividades conmemorativas.
Para o vindeiro sábado 23 de marzo terá lugar a entrega de premios dos concursos de debuxo “Debuxando en Igualdade” e relatos “Letras para a Igualdade” dirixido ao alumnado dos centros de primaria e secundaria dos concellos de Mondoñedo, Abadín, Lourenzá, A Pastoriza e Riotorto. A entrega será as 17: 00 h.
De seguido, as 17:30 h haberá un contacontos teatralizado sobre igualdade “ e ti, que queres ser de maior?”. Dirixido a público infantil a partir de 3 anos e familiar. Este espectáculo achéganolo Trémola Teatro.
A entrega de premios do concurso e o contacontos realizarase no Auditorio municipal “Pascual Veiga”.
O vindeiro domingo 7 de abril teremos a “Comida da Igualdade”, un encontro lúdico de mulleres e homes nos que compartir un espacio de igualdade. Teremos agasallos para sortear entre as persoas asistentes e animación musical. O prazo para anotarse e recoller as tarxetas nas oficinas de CIM e de Servizos Sociais remata o luns 1 de abril. O encontro será na Finca San Antonio ás 14:00 h
Os actos institucionais e centrais foron o venres 8 de marzo e tiveron lugar na Praza do Concello.. Deuse lectura á declaración en prol da igualdade que cada ano realiza o Concello para, a continuación, dar lugar á presentación do novo panel da exposición “A Historia de Mondoñedo leva nome de muller”. Nesta exposición, inaugurada no ano 2017, faise mención ás representantes do pasado, presente e futuro de Mondoñedo que dunha forma ou outra resultaron ser pioneiras na historia local. En este 2024 o panel está dedicado a Dolores Lombardero, farmacéutica, a Elena Candia, política, e a Cristina Vázquez, atleta, e ás labregas de Mondoñedo. O panel de 2024 estará exposto durante todo o ano na entrada da Casa do Concello e os anteriores poden visitarse na sala de reunións de Servicios Sociais – CIM, situada no baixo da Casa do Concello.
Ao longo de todo o mes teñen lugar obradoiros de igualdade e diversidade LGTBI+ nos centros educativos de Mondoñedo e A Pastoriza, un ciclo que se iniciou o pasado mes de novembro e ao que se lle da continuidade xa que se trata de materias transversais que non teñen data fixa no calendario.
O Concello colaborou coa Asociación Sendeiriña de Mondoñedo que organizou unha charla o 15 de marzo ás 20:30 h na Casa da Xuventude sobre “Menopausia: entendiendo los cambios”. A Charla foi impartida por Ezequiel Cardoso, xinecólogo do Hospital Público da Mariña Lucense.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



