O popular condena o “nepotismo” á hora de contratar na Deputación de Lugo e pon como exemplo o ascenso de Sonia Méndez que vén de ser nomeada xefa de servizo a pesar de ser funcionaria interina
Lugo, 6 de marzo de 2024. O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, advirte da “falta de transparencia” do goberno de Tomé, PSOE e BNG á vista de que o Grupo Provincial Popular ten solicitado copia da Relación de Postos de Traballo (RPT) nominativa para coñecer a planificación actualizada do persoal na Deputación de Lugo en setembro do 2023 e “máis de cinco meses despois, estanos negando ese documento”. Ante esta falta de transparencia, os populares volveron solicitar copia desa documentación.
O portavoz, Antonio Ameijide, sinala que “non debería haber nada que ocultar” e, polo tanto, esixe “transparencia” ao Goberno de Tomé que parece ter medo a que a RPT demostre o que levamos tempo sospeitando: o nepotismo á hora de contratar na Deputación Provincial de Lugo”.
“O único motivo polo que PSOE e BNG se poden estar negando a amosar esta documentación é que non queren que se constate en papeis a axencia de colocación que montaron na Deputación de Lugo, que máis que unha administración ao servizo dos lucenses queren convertela nunha sucursal política”, engade o popular.
Ameijide defende que “PSOE e BNG non poden empregar a institución provincial como o seu cortijo persoal no que colocar á súa xente”. Así, continúa, “o exemplo máis claro é o da ex tenente de alcalde socialista da cidade con Orozco, Sonia Méndez, que vén de ser nomeada como xefa do servizo de contratación; a pesar de ser funcionaria interina”.
























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



