O Presidente da institución, José Tomé Roca, e o Alcalde ourolés, José Luis Pajón, asinaron este venres un acordo polo que a entidade provincial achega 4.000€ para publicar A imaxinería nos cemiterios de Ourol, que contribuirá non só a recuperar o patrimonio indiano da localidade, senón tamén impulsar o turismo cultural na Mariña
Lugo, 15 de marzo de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, asinaron este venres no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración para a edición do libro A imaxinería nos cemiterios de Ourol: dous canteiros, que ten por obxectivo dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio indiano para impulsar o turismo cultural no concello e no conxunto da Mariña.
A institución provincial achega 4.000€ para a edición desta publicación, obra de Anxo Vázquez Pernas, e que recupera a historia e o traballo de dous grandes canteiros na zona da Mariña Occidental: Xaquín de Gato e Francisco Veiga, máis coñecido como Pena de Miñotos.
O libro consta de 25 capítulos, que percorren a época de maior auxe destes dous artistas, desde a elaboración de cruceiros na que destaca a influencia dos Carboeira ata a explosión iconográfica dos cemiterios de Ourol, Merille e Xerdiz, considerado este último o cemiterio indiano máis importante da Mariña. Nas súas páxinas tamén se reflicte o desenvolvemento da economía, as relacións sociais e a relixiosidade de mediados do século XIX e principios do XX do municipio.
José Tomé Roca destacou o valor desta obra polo seu interese histórico, etnográfico e de promoción, pois “servirá para seguir promovendo o turismo cultural na Mariña aproveitando a súa profunda pegada e tradición indiana”. O Presidente explicou que este novo volume súmase á colección de libros para recuperar a historia local de Ourol, coa que “estamos favorecendo o impulso dun itinerario polos tres cemiterios que completaría a Ruta indiana, xa consolidada polo Concello, para coñecer o relevante legado cultural que os que tiveron que emigrar a América deixaron neste territorio”.
Colección de obras sobre a historia local
A imaxinería nos cemiterios de Ourol: dous canteiros formará parte da colección composta por catro publicacións: Ourol. A nosa historia; Anacos da nosa historia; Cruceiros, cristos, cruces e monumentos do Concello de Ourol; e José María e Manuel Riguera Montero: dous irmáns emigrantes das montañas de Ourol e Muras.
O Alcalde de Ourol agradeceu pola súa parte a colaboración da Deputación porque permite ao Concello sacar á luz unha nova edición que “aporta datos relevantes para coñecer e comprender o pasado e o presente do noso municipio, ao mesmo tempo que axuda a construír o noso futuro”. Nestes momentos, o concello de Ourol, subliñou o rexedor, “non ten un gran fondo local, polo que a colección destes libros é unha maneira de incrementar o número de estudos sobre a nosa localidade coa finalidade de divulgar este coñecemento entre os nosos veciños e veciñas, e transmitir a nosa historia ás novas xeracións”.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



