A Mariña, 6 de abril de 2024. A Mariña estará presente no Fórum Gastronómico de Galicia, que se celebrará na Coruña do 7 ao 9 de abril. Deste xeito o xeodestino avanza cara a súa estruturación e consolidación como destino gastronómico de Galicia.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, indicou que “contaremos cunha presenza destacada no maior evento gastronómico profesional do norte de España, o Forum Gastronómico, que se ven celebrando desde o ano 2008 na Coruña. Este punto de encontro imprescindible para os profesionais do sector, contará nesta edición, cunha sólida presenza da gastronomía da Mariña e os diversos axentes que conforman conxuntamente a súa cadea de valor, desde produtores hasta hostaleiros”.
Tania Hermida, a xerente do Plan de Sostibilidade Turística, explicou que “entre as asistencias mariñáns estarán Alejandro Balseiro -do resaturante Nito- nunha das sesións de cociña no autidotiro principal; Javier Montero e Tita Iglesias formarán parte dunha mesa redonda sobre formatos de negocio; o xurado do Concurso de Pulpeiras contará entre os seus membros coa presencia de Mar Orosa, do resaturante El Oviedo; o restaurante Rías Altas é finalista no Concurso de Empanadas, e a Merluza do Pincho de Celeiro, recibirá o Premio Picadillo na categoría do Mar”.
E engadiu que “nos diversos stands do Foro terán presencia produtos e produtores moi significativos da nosa terra como a Faba de Lourenzá coa Cooperativa Terras da Mariña, o Porco Celta e a Cachena de Celtagal con Nando López, a mel mariñá da man de Javier Carreiras, de O Poder das Flores, ou o tostadeiro de café de especialidade co equipo de Urban Coffee Roasters”.
A gastronomía da Mariña estará representanda dun xeito moi especial o martes 9 ás 10:30 horas na mesa redonda dedicada aos colectivos gastronómicas de Galicia moderada por Iñaki Gaztelumendi e na que participará Mar Orosa, como portavoz do Colectivo de Gastronomía da Mariña, en proceso de creación e que xurde no contexto do Plan Director de Turismo Gastronómico da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística no que desde a Mancomunidade se segue a traballar.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



