Nesta semana das Letras foron varias as chamadas a un pacto pola nosa lingua dende moi diferentes posicións políticas e sociais. Fíxoo o conselleiro de Cultura e Lingua, José López Campos no Parlamento, esixiuno o presidente da Academia Galega, Victor F. Freixanes no acto académico do 17-M de homenaxe á nosa Luisa Villalta e expresouno tamén como “grande pacto nacional pola língua” na grande demostración cidadá en Compostela de Queremos Galego do 17-M o Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) Marcos Maceira. Dende diferentes, mais complementarias perspectivas, Freixanes e Maceira salientaron a situación de “emerxencia” da nosa lingua diante da creba de transmisión xeracional e a grande cantidade de eivas e limitacións xurídicas e fácticas que mancan o seu uso.
Se o conselleiro de Lingua e o presidente Rueda queren que a cidadanía non os mire como parte do problema do galego compre que saiban ben do que falan cando falan de pacto pola lingua. Porque, como dixo tamén o 17-M a líder da oposición, Ana Pontón (BNG) non é posíbel acordo de país ningún sen a derrogación da prohibición do ensino das matemáticas e da física en galego, vixente dende o malfadado Decreto de plurilinguismo de 2010.
E onde poden estar os contidos que alicerzen un Pacto Nacional pola língua? De primeiras no último acordo unánime das forzas políticas galgas (PP, BNG e PSdeG): o Plan Xeral de Normalización aprobado polo noso Parlamento en setembro de 2004. Lóxicamente depurado dos contidos que o progreso histórico e tecnolóxico amosou caducos. E tamén na legalidade europea, na Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas que constitúe Dereito interno, sistematicamente vulnerado polos Poderes estatal e galego, como ten denunciado a eito o Comité de Ministros do Consello de Europa.
Da aplicación conxunta do Plan de Normalización de 2004-actualizado- e da Carta Europea (Plan e Carta que asumen as tres forzas parlamentarias galegas) si podería xurdir un Pacto Nacional pola lingua.
No ensino as súas esixencias proxectaríanse na derrogación das prohibicións do ensino en galego, garantindo de inmediato o mínimo do 50% de uso vehicular do galego do Decreto de 2007 e introducindo de xeito gradual, como propón a MNL, a necesaria inmersión no galego como lingua vehicular de todo o sistema educativo (público e concertado) que restitúa as graves limitacións de coñecemento e uso que reflicten as estatísticas a respecto das xeracións más novas, garantíndose a dotación de material pedagóxico e didáctico en galego en todos os níveis e áreas de coñecemento, dotación que non se garante na actualidade.
O pacto habería tender tamén ao recoñecemento do uso oficial do galego no Estado e na Unión Europea e na progresión dos usos administrativos, sociais e empresariais. A Ordenanza lingüística do Concello da Coruña, confirmada na súa legalidade por unha recente sentenza do TSXG ratificada polo Supremo, demostra que existe un amplo campo xurídico para promovermos na progresión normalizadora das nosas Administracións municipais e-tamén- en todos os servizos públicos fornecidos por concesionarios e contratistas privados . Tamén no mundo empresarial en xeral.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



