A Organización de Produtores Pesqueiros de Burela presenta o seu primeiro Plan Director de Aliñación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas, un fito significativo no seu compromiso coa sustentabilidade e a responsabilidade social corporativa
Burela, 5 de abril, 2024. O Plan Director de ODS da OPP Burela é un precedente no sector pesqueiro ao ser o primeiro do seu tipo en ser implementado por unha organización de produtores pesqueiros. É un enfoque innovador que reflicte o compromiso da OPP Burela coa mellora continua na xestión sostible dos recursos mariños.
Este Plan abrangue varios traballos de análises: un externo para identificar casos de éxito dentro do sector pesqueiro a nivel global; e outro interno, máis detallado, sobre as diferentes iniciativas da OPP, que se agrupan en 24 proxectos. Para cada un dos 24 proxectos elabórase unha ficha individual, que se contrasta cos 17 ODS para os efectos de ver a súa implicación e aliñamento. O resultado final é de impacto en 15 dos 17 ODS, con aliñamento alto en 11, medio en 2 e menor noutros 2. A parte final do Plan pretende ser unha folla de ruta para o futuro, onde se establecen 25 indicadores para a dimensión económica, social, ambiental, de transparencia e participación, e de integración dos ODS.
Este proxecto innovador foi desenvolto en colaboración coa empresa IMBATIA, que, segundo o seu responsable, Julio Sánchez, “foi unha análise de alto valor que permitiu á OPP Burela comprender mellor a execución dos seus proxectos e o seu impacto nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas (ODS). A través dun exhaustivo proceso de avaliación e análise, a OPP-7 de Burela foi pioneira en examinar como as súas actividades pesqueiras alíñanse cos ODS, contribuíndo así á promoción de prácticas sostibles e ao avance cara a un futuro máis equitativo e próspero”.
Sergio López, xerente da OPP Burela, considera que “esta análise brindounos unha comprensión máis profunda de como as nosas accións xa están aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas e deberíanos axudar a poñer en valor todo este esforzo no futuro”.
Segundo Julio Sánchez “espérase que este proxecto sirva como modelo para outras organizacións do sector pesqueiro que buscan aliñar as súas actividades cos ODS e promover prácticas sostibles nas súas operacións”.
Con este traballo a OPP Burela reafírmase no seu compromiso coa sustentabilidade e o desenvolvemento responsable e espera seguir liderando iniciativas innovadoras que contribúan ao logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Esta acción foi elaborada dentro do plan de produción e comercialización de OPP Burela de 2023 dentro dos obxectivos de contribuír á rastrexabilidade dos produtos da pesca e o acceso dos consumidores a unha información clara e completa, e conta con axudas da Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



