A Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia a organización do evento, que reunirá uns 25 postos de artesanía e no que actuarán Fillas de Cassandra
Muras, 4 de maio de 2024 . Muras prepara a VIII Romaxe Artesá da Chaira, que se celebrará o vindeiro 25 de maio na área recreativa da Veiga coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O evento presentouse este mediodía nun acto en que participaron a deputada de Cultura, Iria Castro, o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, a tenente de alcalde Paula Gómez e a concelleira de Cultura Cristina Franco, xunto á artesá Iria Pigueiras e á fotógrafa Mayder Pumiñariño.
A responsable de Cultura de Muras detallou o programa desta nova edición da Romaxe que describiu como “unha festa da artesanía e da cultura galega, que demostra o potencial da tradición como fonte de inspiración e de coñecemento para o presente e o futuro” e destacou “a aposta por unha programación para público novo e familiar, na que persoas de todas as idades atopen algo do seu interese”. Nesa liña, subliñou a vontade de manter “o espíritu das celebracións e merendas familiares que tradicionalmente acollía a carballeira da Veiga”.
A deputada Iria Castro valorou “a aposta do Concello de Muras por unha programación pensada para o público máis novo” e encadrou o apoio á organización da Romaxe “na colaboración que desde a área de Cultura se mantén con concellos e asociacións para facilitar o acceso á cultura en todo o territorio, xa que entendemos que as mellores propostas culturais e lúdicas teñen que estar presentes tamén nos concellos rurais”
Coindicindo coa Romaxe estrearase tamén unha exposición de fotografías antigas, que se amosarán na área recreativa da Veiga e que se manterá de forma permanente logo na Casa do Médico.
Artesanía e música
A área recreativa da Veiga acollerá arredor de 25 postos de artesanía, con diferentes actividades pensadas para dinamizar o espazo e fomentar a participación e a interacción do público. Entre elas, unha demostración da Asociación de Mulleres de Insúa, que recuperaron o cultivo e os traballos tradicionais do liño, obradoiros de coiro con Tres Caracoles, de elaboración de complementos coas redeiras artesás de Illa da Estrela e de cestería aplicada ao interiorismo e á iluminación coa artesá e deseñadora Julia de la Cal de La Parabólica, así como unha charla do divulgador Luís do Río, estudoso dos “sancosmeiros”, que conta cunha gran proxección nas redes sociais. As Mulleres Rurais de Muras tamén mostrarán na Romaxe as pezas de madeira e coiro que realizaron nos cursos de obradoiros de artesanía que desenvolven ao longo do ano.
No tocante á programación musical, a Romaxe Artesá da Chaira contará coas actuacións de Fillas de Casandra, do grupo de voz e percusión Pan Sen Fron e de Mekanika Rolling Band, e cos espectáculos musicais de Peter Punk e Brais das Hortas, pensados para o público infantil. Ademais, alumnado do IES Basanta Silva amosará os froitos dos obradoiros de regueifas que se dsenvolven no centro. As propostas lúdicas completaranse con demostracións de billarda e diferentes xogos populares.























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



