A competición desenvólvese en seis regatas, que se celebrarán de maio a setembro en Portomarín, Ribadeo, San Cibrao, Viveiro, Lugo e Foz
Lugo, 9 de maio de 2024. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa unha nova unha nova edición da Copa Deputación de Piragüismo, unha liga provincial de seis regatas que se celebrarán en Portomarín, Ribadeo, San Cibrao, Viveiro, Foz e Lugo entre maio e setembro.
O vicepresidente da Deputacíon de Lugo Efrén Castro e o deputado de Mocidade Daniel García presentaron a competición esta tarde en Foz, xunto a representantes do Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo e da Federación Galega de Piragüismo.
A competición organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piraguismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs de augas tranquilas da provincia a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e facilitando polo tanto que deportistas de categorías poidan disfrutar do aliciente que supón competición, sen grandes desprazamentos.
Cada regata é organizada por un club, facilitando así que a actividade deportiva pero tamén económica e social que xeneran as probas, que reúnen unha media de 200 palistas, se distribúa por toda a provincia, especialmente, na comarca da Mariña, onde se concentran catro das probas.
O vicepresidente da Deputación Efrén Castro e o deputado de Mocidade Daniel García valoraron o traballo que realizan os clubs coas categorías de base” e sinalaron que “desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo tratamos de apoiar ese esforzo de forma integral, dando soporte económico a competicións como a liga provincial e impulsando tamén iniciativas formativas nos propios clubs e nos centros educativos”.
Calendario de regatas
17 de maio. Portomarín
Organiza Club Fluvial de Lugo
7 de xullo. Ribadeo
Organiza Club Altruán
28 de xullo. San Cibrao (Cervo)
Organiza Club de Piraguismo de San Ciprián
18 de agosto.Viveiro
Organiza Club de Piraguismo de Viveiro
7 de setembro. Foz
Organiza Club Kayak
21 de setembro. As Saamasas (Lugo)
Organiza Cidade de Lugo























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



