Este venres, día 31, está previsto que o CEIP Santa Rita de Galdo, o CEIP Lois Tobío, o Centro de Ensinanza CPR Landro, o CEIP de Covas e a Escola de Educación Infantil San Roque, uns 530 alumnos aproximadamente, participen nun encontro na Praza Maior
Viveiro, 29 de maio de 2024. O Concello de Viveiro organiza, a través da Concellería de Educación, a celebración dos Maios para o estudantado dos centros de ensino de primaria e de infantil.
Este venres, día 31, está previsto que o CEIP Santa Rita de Galdo, o CEIP Lois Tobío, o Centro de Ensinanza CPR Landro, o CEIP de Covas e a Escola de Educación Infantil San Roque, uns 530 alumnos aproximadamente xunto cos seus profesores, participen nun encontro na Praza Maior para celebrar unha tradición de Viveiro como é a dos Maios.
Haberá un desfile que sairá da praza, indo pola rúa Margarita Pardo de Cela, subindo pola avenida de Cervantes, seguindo pola rúa dos Irmáns Vilar Ponte e baixando por Teodoro de Quirós de novo cara a praza.
Unha vez de novo na praza, cada grupo de cada colexio fará a súa homenaxe ao mes de maio, seguida dunha merenda para a rapazada. Ás 13:00 horas volverán aos seus centros de ensino.
“Dende o Concello estamos moi agradecidos pola colaboración de todos os centros de ensino, incluíndo a do Colexio de Celeiro, que non poden acudir este ano por ter outras actividades programadas para ese día, pero que son asiduos ás actividades do Concello e da Concellería de Educación”, sinala o concelleiro Jesús Fernández Fernández.























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



