O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, inaugurou o curso de formación Cálculo de estruturas de madeira organizado pola USC
Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2024. O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, reiterou hoxe a aposta da Xunta polo impulso da madeira como elemento estrutural na construción e subliñou a liña de axudas da Consellería de Economía e Industria habilitada para este fin e dotada con 5M€ para os anos 2024 e 2025.
Jacobo Aboal inaugurou hoxe o curso de formación Cálculo de estruturas de madeira organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) na Escola Politécnica Superior de Enxeñería do campus de Lugo para dar a coñecer a industria forestal-madeira de Galicia onde puxo en valor o apoio da Xunta ao tecido industrial galego ligado á madeira, con diferentes liñas de axudas ao sector e que este ano xa acadan os 10M€.
O director tamén anunciou que nas vindeiras semanas se resolverá a convocatoria das axudas por importe de 800.000€ destinadas ao fornecemento dun conxunto amplo e diverso de accións formativas, non regradas, orientadas a profesionais da industria forestal-madeira, así como a estudantes de formación profesional e estudantes universitarios vencellados ao ámbito forestal-madeira.
Finalmente, Jacobo Aboal salientou o convenio de colaboración asinado entre a Axencia Galega da Industria Forestal e a Plataforma de Enxeñería de Madeira Estrutural (PEMADE) da USC para a realización das actuacións necesarias para fomentar o emprego de frondosas autóctonas para a descarbonización do sector da construción e a promoción da madeira na construción. Segundo sinalou, a través deste convenio estase a traballar en aspectos como o fomento da madeira de castiñeiro na construción con madeira, o fomento desta especie en forxados mixtos formigón-madeira ou na promoción do uso da madeira na construción co reforzamento do software gratuíto de aproximación ao cálculo estrutural denominado TRABE.





















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



