Burela, 11 de xuño, 2024. Ás 21.00h desta tarde, no pavillón municipal Vista Alegre, de Burela, disputábase o terceiro e partido decisivo da semifinal dos Playoff polo Título de Primeira División Iberdrola, unha vez máis o “Derbi dás Costas”, Pescados Rubén Burela FS – Poio Pescamar FS, cun resultado final 6-1. Encontro decisivo para ambos equipos, ao que asistiron a redor de 900 espectadores, no que a tensión dun derbi se aúna coa tensión dunha última oportunidade, palpable nunha pista na que os dous conxuntos galegos o deron todo de si para levar este pase á final.
Comeza con forza a primeira parte cunha saída de Caridad que salva a situación pero leva a primeira amarela na primeira xogada do partido, con ocasión de gol tras o saque de falta que volve salvar a porteira andaluza. Continúa presionando un Poio cheo de enerxía durante as primeiras xogadas. No minuto 4 outro paradón de Caridad a un saque de falta de Ale de Paz case desde a banda. Dous minutos despois tentábao Cilene que avanza pola banda dereita e atópase soa con Elena que detén o que podería ser o primeiro das locais. Dominio do Poio durante os primeiros 10 minutos nos que o Burela apenas tira a porta en 4 ocasións sen moito perigo. Ocasión de Noelia Montoro no minuto 12 que dispara desde dentro da área pero atópase outra vez con Elena e segundos despois chega o 1-0 cun golazo de Irene Samper dende fóra da área tras un pase diagonal de Emilly dende a banda esquerda. Acéndese o Burela e no 14 Antía tira case á cruceta nunha contra e Emilly volve tentar segundos despois nun disparo frontal antes doutra boa opción para ela e Dany dentro da área sen poder exceder á porteira rival. Case chega o empate no minuto 39 cun disparo de Ale de Paz que case se lle escapa a Caridad pero sae por encima do traveseiro. Chega o descanso con vantaxe para o Pescados Rubén no marcador.
Na segunda parte presiona o Burela como non o fixo na primeira. Tras varias ocasións chega o segundo da man de Dany, ao segundo pau a pase de Irene Samper. Dominio claro do Pescados Rubén Burela FS durante esta segunda parte na que se suceden as ocasións e López-Tulla comeza a apostar polo xogo de 5 con Ale de Paz como porteira-xogadora. Pero chega o terceiro das locais, un gol de Emilly dende dentro da área a pase de Patricia e segundos despois o 4-0, esta vez da Yeclana nun zurdazo con Ale de Paz baixo paus. No minuto 32 as pontevedresas conseguen o primeiro tanto cun remate de Rocío Gómez a pase de Laura Uña nunha xogada de porteira-xogadora e un minuto despois, continuando o Poio coa presión de 5, chega o quinto do conxunto de Julio Delgado cun disparo longo de Cami a potería baleira. Continúan intentándoo as pontevedresas con boas xogadas pero sen conseguir finalizar con éxito. Salva unha ocasión clarísima de Emilly, Elena Aragón desviando o disparo afastado perfecto da máquina brasileira. Continúa a presión de 5 ata o último minuto do partido, no que Antía Perez anota o 6-1 final nun remate a portería baleira.
O próximo sábado 15 as nosas Pícaras enfrontaránse á clásica final, un ano máis, ante o Futsi Atlético Navalcarnero, que venceu hoxe ao Torreblanca Melilla por 4-3 no terceiro encontro de desempate da outra seminifinal. O encontro terá lugar en Vista Alegre no que será un día histórico para o club xa que, ademáis de xogar elas o primiero partido da Final dos Playoff polo Título de 1ª División Iberdrola FS, os seus compañeiros da categoría masculina xogarán o segundo partido da Final dos Playoff de Ascenso a 1ª División de Fútbol Sala. Dous grandísimos equipos nun mesmo club que nos ofrecerán unha tarde de futsal para non olvidar.
O encontro retransmiteuse en streaming a través da canle de Youtube de Sinópsis Vuvuzela.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS 6-1 Poio Pescamar FS
Pescados Rubén Burela FS (6): Caridad; Irene Samper, Patricia, Noelia Montoro, Emilly – cinco inicial-, Dany (C), Cilene, Cami, Antía Pérez, Cris Blanco, Aroa, Rafinha, Ana Eliza. Entrenador: Julio Delgado.
Poio Pescamar FS (1): Elena; Ale de Paz, Martita, Rocío Gómez, Laura Uña -cinco inicial-, Elena Aragón, Irene (C), Carla Ayensa, Saki, Lara Balseiro, Sandra Buzón. Entrenador: Luís López-Tulla
Goles: 1-0, min.12: Irene Samper. 2-0, min.25: Dany. 3-0, min.30: Emilly. 4-0, min.31: Patricia. 4-1, min.32: Rocío Gómez. 5-1, min.33: Cami. 6-1, min.40: Antía Pérez.
Árbitros: Francisco Javier Marazuela, Sergio Toral, Pablo Coello, Andrea de Luis.
TA: Caridad, Noelia Montoro, Julio Delgado, Cami, Irene.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



