O mércores 12 de xuño, ás 20,30, na Biblioteca Municipal “El Viejo Pancho” vaise presentar o libro de Ramón Mariño Fernández, “Fanzines en Galiza”, da editorial Laiovento. Presentará ao autor o Xermán Viluba. Organiza a A. C. Francisco Lanza.

O mércores 12 de xuño, ás 20,30, na Biblioteca Municipal “El Viejo Pancho” vaise presentar o libro de Ramón Mariño Fernández, “Fanzines en Galiza”, da editorial Laiovento. Presentará ao autor o Xermán Viluba. Organiza a A. C. Francisco Lanza.
O copiloto, que foi excarcerado, tivo que ser evacuado nun helicóptero medicalizado. O accidente tivo lugar contra as 10:00 horas da mañá de hoxe. Segundo a información que aportou un particular ao 112 Galicia, un turismo saírase da AC-862, no quilómetro 34. O alertador explicou que o coche quedara envorcado e cunha persoa atrapa e inconsciente. Sen agardar, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Eume, ao GES de Ortigueira e á Garda Civil de Tráfico. Logo da chegada dos servizos de emerxencia á zona, estes indicaron que había 2 ocupantes no interior do vehículo. A dotación de bombeiros empregou o material de excarceración para liberar ao copiloto, que sería trasladado ata o hospital de referencia a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago. Por outra banda, o condutor, tamén ferido, foi evacuado en ambulancia.
Durante este periodo, estudantes novos e actuais poderán inscribirse en cualquera dos 30 grados universitarios oficiais que ofrece a institución. E ata o 11 de marzo permanecerá aberta a matrícula na UNED Sénior (maiores de 55 anos) para a seguinte asignatura: "A emigración galega e o seu impacto no mundo do arte e das letras" As clases comezarán na semana do 24 de febreiro e prolongaranse ata xuño de 2025. Os interesados poden matricularse e acadar mais información nas instalacións da UNED: Avenida de Cervantes s/n, Claustros da Igrexia de San Francisco todos os días das 10h30 ata as12h30 e polas tardes de 16h a21h. www.uned.es. 982563601 - 624484831
A Policía Local de Ribadeo recibiu onte pola tarde a chamada dun veciño que alertaba de que unha finca a carón do mar na parroquia de Piñeira estaba ardendo. A patrulla desprazouse ata o lugar e comprobou que era unha caravana o que estaba a arder con llamaradas intensas. Os axentes conseguiron controlar o lume cunha mangueira que había na finca ata que chegaron os bombeiros do parque de Barreiros, que sofocaron o incendio. Segundo informa a Policía Local o propietario da finca, que se personou no lugar, manifestou que parte do peche da zona norte estaba tirado, polo que se cre que alguén accedeu á finca.
O Excmo. Concello de Mondoñedo lamenta o seu pasamento. Era fillo predilecto da cidade, artista recoñecido en toda Galicia pola súa extensa e icónica obra como deseñador, ilustrador, retratista, ceramista, grafista e muralista. Nado en Mondoñedo, vivía desde hai anos en Brión. A el se lle dedicou hai unhas semanas o Día da Ilustración.
Unha comedia para público adulto. A cita é ás 20:30h. Entradas: De luns a xoves, no 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo rbg.cultura@viveiro.es, e tamén na taquilla do teatro 1 hora antes da función.
Reuniu a máis de 350 persoas para degustar un saboroso cocido con porco celta. O menú incluíu sopa, grelos, chourizo, garavanzos, costela, lacón, botelo, viño e empanada de mazá, todo servido nunha carpa climatizada e cun gran ambiente festivo e música. O alcalde, Dani Vega, tivo palabras de agradecemento para a organización: "grazas á asociación polo gran traballo e a excelente organización da festa, así como polo esforzo e dedicación de todos os días". A xornada contou co apoio do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia e da Raza Autóctona Porco Celta.
O Museo de Lugo expón desde este venres unha escolma de esculturas de José María Prieto (Viveiro, 1960), Andrés Clariana (Barcelona, 1973), Miguel Detrell (México DF, 1953) e Rubén González (Avila, 1975). Trátase dunha trintena de pezas da colección do Museo Tiflolóxico da ONCE que visibilizan a calidade artística dos seus creadores e permiten achegarse á arte desde unha perspectiva inclusiva. A deputada de Cultura, Iria Castro, inaugou esta maña a mostra nun acto no que participaron pesoas usuarias da ONCE e alumnado do CEIP Rosalía de Castro de Lugo.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital