Os concelleiros populares esixen á rexedora que tamén faga público que o único motivo polo que non se concederon as 6 axudas que ela denunciou foi “unicamente porque non se chegou á puntuación mínima esixida” para conseguila, froito da “falta de traballo” do goberno municipal
Lourenzá, 15 de xullo de 2024. Tras ver como a alcaldesa de Lourenzá denunciaba nas súas redes sociais que a Xunta de Galicia non concedeu seis axudas (de 40.000€ cada unha) ao municipio nos últimos seis anos (de 2019 a 2024), os concelleiros do PP de Lourenzá esixen á rexedora que tamén faga públicos os 4.890.075,90€ que a Xunta investiu en Lourenzá entre 2021 e 2023.
Os concelleiros populares afirman que a alcaldesa “unicamente se centra no negativo” porque o seu único obxectivo “é confrontar coa Xunta, en lugar de centrarse en traballar para acadar o crecemento de Lourenzá”.
Unha afirmación que os populares apoian en que o único criterio para non conceder estas axudas foi que “o Concello non chegou á puntuación mínima esixida” para ser beneficiarios. De feito, os populares sinalan que “non queremos ser mal pensados” pero todo apunta a que a rexedora presentou as axudas sendo consciente de que non as concederían para “poder criticar ao goberno autonómico”.
Dende o PP de Lourenzá explican que o Concello “concorreu en inferioridade de condicións” ao non presentarse conxuntamente con outros municipios “o que tería dado os puntos necesarios para que Lourenzá obtivese estas axudas”.
COLABORACIÓN CONSTANTE DA XUNTA CON LOURENZÁ
Ademais dos case 5M€ xa referidos de investimos, a Xunta tamén colabora con Lourenzá doutros xeitos. Por exemplo, en 2023, das cinco solicitudes nas que participou este concello só se lle denegou unha e este ano xa resultou beneficiaria de tres das catro solicitudes presentadas.
Unha colaboración constante que todos os veciños de Lourenzá coñecen e para exemplo o apoio maioritario que os laurentinos lle deron ao Partido Popular nas últimas eleccións autonómicas de febreiro.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



