Cinco colectivos dos concellos de Cospeito, Ribeira de Piquín, Láncara, Cervantes e Begonte viaxan desde hoxe e ata o venres á Ribeira Sacra e A Mariña
Lugo, 16 de xullo de 2024. Veciñas e veciños de cinco concellos da provincia participarán esta semana no programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Son en total 115 persoas dos municipios de Cospeito, Ribeira de Piquín, Láncara, Cervantes e Begonte as que, dende este martes e ata o venres, percorrerán o territorio lucense con estas viaxes gratuítas que impulsa a institución provincial para colectivos sen ánimo de lucro co obxectivo de fomentar o turismo de proximidade.
O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, recibiu na mañá deste martes a membros da Asociación de Xogos Tradicionais de Muimenta (XOTRAMU) no Centro de Interpretación de Terras do Miño. Punto de partida do grupo cara á Ribeira Sacra onde coñecerán o Museo do Ferrocarril, o conxunto monumental de San Vicente do Pino, e o Centro do Viño da Ribeira Sacra.
Mañá será a quenda da Asociación Mulleres Rurais del Chao, de Ribeira de Piquín; e da Asociación de Mulleres Rurais O Noso Lar, de Láncara, que viaxarán á Ribeira Sacra e á Mariña Lucense. O primeiro grupo visitará Sober, mentres que o segundo achegarase ata os municipios de Barreiros e Ribadeo.
Tamén ata á Mariña, concretamente ao concello de Cervo, viaxarán este xoves membros da Asociación Veciñal San Felipe de Balgos, de Cervantes. Os participantes coñecerán a fábrica de Sargadelos e o Museo provincial do Mar desta pequena vila mariñeira.
Así mesmo, e para rematar a semana a Asociación Vecinal Cultural Deportiva San Vicente de Pena, desprazarase á costa lucense onde percorrerán Viveiro para coñecer o casco antigo e o obradoiro de cerámica Regal.
Nesta primeira parte da cuarta tempada, dende que comezou en xuño ata este mes de xullo, son máis de 250 persoas dun total de 11 entidades da provincia as que percorreron Lugo con este programa que a Deputación puxo en marcha co obxectivo de que a veciñanza coñeza mellor toda a riqueza patrimonial das distintas comarcas lucenses e dinamizar desta forma a economía local, sobre todo o turismo, a hostalería e o comercio. As viaxes volveranse a retomar en setembro, e desenvolveranse ata finais de ano, coa participación en total de preto de 2.000 persoas de 80 asociacións da provincia.
O programa Coñece a túa provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que teñen a habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.




















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



