A Concellería de Servizos Sociais, organizadora da celebración, custeou o 40% de cada menú para que todos e todas puidesen gozar destra tradicional cita

A Concellería de Servizos Sociais, organizadora da celebración, custeou o 40% de cada menú para que todos e todas puidesen gozar destra tradicional cita
Está organizada pola comisión Desembarco Normando, co fin de recadar fondos para este evento que se celebrará a finais de agosto. Haberá música a cargo dun DJ e por suposto racións de ovo frito con patacas, chourizo, pan e un vaso de viño ou auga a elixir a 10€ a ración, e para quen prefira outra opción, haberá racións de empanada a 4€.
As mostras, que se inaugurarán o vindeiro venres 25 de xullo ás 19:00 horas, permanecerán abertas ata o 18 de agosto, en horario de martes a sábado de 09:00 a 14:00 horas. “Lumen Tenebris”, de Eva Diamond, reúne por primeira vez unha ampla colección de obras dunha das referentes nacionais do lixeiro painting. “Aurum Obscurum”, de Patricia López Amorós, marca a primeira exposición individual desta artista naviega graduada en Belas Artes.
Da man do adegueiro de Meaño, o restaurante ofrecerá cinco viños seleccionados. A cata terá lugar o mércores 30 de xullo. As prazas son limitadas, teñen un custo de 28€ e é necesario reservar con antelación.
Durante o encontro, aberto ao público, proxectouse o vídeo promocional da candidatura e compartiuse a documentación presentada, nun acto que reuniu a numerosos colectivos, entidades e veciños comprometidos co dinamismo social e cultural do concello.
Poderá visitarse ata o vindeiro 29 de xullo con entrada libre no horario habitual. A mostra reúne retratos, paisaxes e esceas íntimas realizadas en acuarela, unha técnica que o autor leva décadas explorando cun estilo persoal, marcado pola sutileza, a emoción e a economía de medios. Médico e investigador en epidemioloxía ambiental, López-Abente desenvolveu a súa carreira no Instituto de Saúde Carlos III, en Madrid. A súa traxectoria artística, que foi medrando en paralelo á científica, ofrece unha ollada singular sobre o mundo que o rodea, entre a precisión e a intuición, entre a memoria e a beleza.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse ata Lieiro para participar na limpeza e acondicionamento deste lugar emblemático, agradecendo o compromiso e implicación do tecido asociativo local, e destacando a importancia de traballar en conxunto para preservar o patrimonio común, xa que "accións coma esta permiten recuperar espazos singulares que forman parte da nosa identidade”.
O queixo Don Crisanto, elaborado baixo a Denominación de Orixe Protexida San Simón da Costa, foi distinguido como o mellor queixo madurado de vaca e recibiu tamén o premio especial ao mellor queixo de España entre as 135 mostras presentadas.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital