A empresa vallisoletana patrocinará os días infantís das festas patronais, así como a Festa de Samaín e varias actividades da programación de Nadal, a través dun acordo logrado coa Alcaldía e a Concellería de Infancia e Xuventude
Vilalba, 6 de agosto de 2024. O Grupo Entrepinares e o Concello de Vilalba veñen de presentar un novo acordo de colaboración grazas ao cal, a empresa vallisoletana con sede en Vilalba, patrocinará as actividades dos Días Infantís das festas de San Ramón e Santa María, así como diversas actividades lúdicas e recreativas que se enmarcarán na programación de Samaín e de Nadal.
A Casa da Cultura foi o epicentro da presentación na que interviñeron a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, a concelleira de Infancia e Xuventude, Paula Vigo, o Conselleiro delegado de Entrepinares, Jose Manuel García Bejines e o director da fábrica en Vilalba, Javier Gato.
Con esta colaboración, en primeiro lugar, o Grupo Entrepinares custeará as actividades dos días infantís das festas patronais, que se celebrarán os vindeiros 3 e 4 de setembro e entre as que se inclúen diversos tipos de inchables, un toro mecánico, actividades de simulación e unha xornada con actividades acuáticas que rematará cunha festa de espuma.
Ademais, durante ámbalas dúas xornadas, Entrepinares aportará o seu novo lanzamento, un snaking de queixo destinado principalmente ao consumo infantil e que se fabrica integramente na nosa localidade.
En canto ás claves do acordo, a rexedora, Marta Rouco salientou “a variedade de actividades que patrocinará Entrepinares grazas a este acordo de colaboración, que nos permitirá ofrecer opcións para todos os gustos e centradas no desfrute dos nenos e nenas”.
Pola súa banda, o acordo tamén inclúe o patrocinio da Festa Infantil de Samaín, que terá lugar no remate do mes de outubro e incluirá o xa tradicional túnel do terror, un taller coa temática correspondente e diversos inchables infantís e xuvenís.
Finalmente, as derradeiras actividades enmarcadas nesta colaboración estarán vencelladas á programación de Nadal do Concello, sendo as patrocinadas por Grupo Entrepinares, diferentes actividades infantís con inchables, música e talleres de Nadal, así como a visita de Papá Noel, a quen se recibirá no municipio vilalbés co correspondente decorado, inchables, música e doces como flocos de millo e algodón de azucre.
Durante a súa intervención, a alcaldesa, Marta Rouco, aproveitou para “agradecer a Entrepinares, e especialmente ao persoal responsable da fábrica de Vilalba a súa colaboración e achega para que o Concello poida sacar adiante actividades coma estas” e “salientar a gran predisposición do Grupo Entrepinares para colaborar connosco e o seu interese en aportar o seu gran de area”.
Pola súa banda, Jose Manuel García Bejines destacou a importancia que ten para o Grupo poder contribuír coas festas locais, tan significativas para esta comunidade. Entrepinares pretende “destacar pola calidade dos seus produtos e polo seu compromiso coas tradicións e celebracións que fortalecen os lazos sociais e culturais entre os veciños”. Segundo as súas palabras, “este acordo é unha mostra de agradecemento pola confianza e o apoio recibido ao longo destes anos, e reafirma a nosa vocación de ser unha empresa que contribúe activamente ao benestar da sociedade vilalbesa”.


























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



