Lugo, 9 de agosto, 2024. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro parabenizou aos 11 palistas de clubs da provincia que participarán nos vindeiros meses no Campionato de España de Seleccións Autonómicas de slalom e velocidade.
O responsable provincial recibiu as e os deportistas, acompañados por representantes e persoal técnico da Federación Galega de Piragüismo, no Pazo de San Marcos, poñendo en valor a súa selección para forma parte do conxunto galego e o traballo de preparación que están a desenvolver de cara a súa participación nas competicións.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que financia diferentes accions de formación para clubs e deportistas a través da Escola de Piragüismo e que impulsa a Copa Deputación de Lugo, colabora tamén nos gastos relacionados con esta participación estatal da delegación lucense.
A primeira cita será para 5 palistas do Quixós de Monforte que participaron no campionato estatal de slalom en Calasparra, en Murcia, os días 24 e 25 de agosto. En outubro, disputarase o campionato de velocidade en Barcelona, no que participarán palistas de Cidade de Lugo, Fluvial e Altruán de Ribadeo.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



