Ribadeo, 27 de setembro de 2024. A conselleira de Política Social, Fabiola García, supervisou hoxe as obras do hospital asilo na compañía do alcalde, Dani Vega, do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e das concelleiras de Benestar Social, Igualdade e Seguridade, Elena Sierra, Begoña Sanjurjo e Montse Seijo.
O rexedor destacou “a boa relación entre as administracións. Isto é o que realmente importa, é o que dixemos e seguimos dicindo que Ribadeo necesita da colaboración institucional de todas as administracións. A visita de hoxe acredita esa boa relación que temos coa Xunta de Galicia e toda a inversión que está vindo para política social”.
Vega dixo que “evidentemente, 700.000 euros axúdanos moitísimo a seguir avanzando na obra do hospital residencia asilo, libéranos dun peso moi importante economicamente falando e posibilítanos que poidamos facer máis inversións en Ribadeo. Estes 700.000 euros, grazas a conselleira, a Fabiola, porque houbo un traballo moi importante durante este primeiro ano, houbo un traballo de impulso e evidentemente hai que facer xestión. Non nos quedamos aí simplemente”.
O alcalde ribadense indicou que “a Consellería de Política Social está investindo moitísimo en Ribadeo. Agora xa tivemos unha primeira parte de reforma do que vén sendo o centro de día. Agora vamos seguir investindo máis de 50.000 euros para continuar mellorando as instalacións. Tamén 50.000 euros para Preto de Ti, estas actividades que están chegando a máis de 150 persoas en todo Ribadeo nas parroquias e tamén na vila. Creo que son actividades moi interesantes desde un punto de vista de saúde mental, ximnasia, actividades lúdicas, culturais, tamén nos están axudando moitísimo a esa actividade, á parte máis lúdica, como poden ser os seráns de teatro que estamos tendo nas parroquias, ou tamén esas actividades que estamos tendo no centro social todos os domingos con ese baile, Pasos de Sabiduría titulámolo. Todo isto o podemos facer grazas á Xunta de Galicia, senón sería imposible, porque non temos capacidade económica para facelo”.
Dani Vega lembrou que “este sábado temos o día do xubilado, que 100% nos financia a Xunta de Galicia. Por iso podemos facer moitas cousas, por iso estamos activando tamén esta Concellería, toda esta dinamización desde o punto de vista social de actividades para todas as persoas, tanto na vila como nas parroquias. O importante, repito, é levarse ben, ter esa conexión coas administracións e xestionar orzamento e así Ribadeo avanza”.





















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



