A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela organizou este xoves en Barcelona un evento no que a protagonista foi a “Merluza D& Burela” en pratos de diferentes cociñas do mundo
Burela, 26 de setembro, 2024. ‘La Foodieteca’ de Barcelona acolleu este xoves a segunda edición do evento gastronómico “Merluza D& Burela polo Mundo”: un showcooking guiado por dous recoñecidos cociñeiros galegos con diferentes elaboracións para saborear a ‘Merluza D& Burela’ nas súas versións máis tradicionais e vanguardistas, presentando tamén receitas inspiradas noutras cociñas do mundo, como a asiática ou a mexicana.
Abriu a xornada Sergio López, xerente da OPP-7 do Porto de Burela, que deu a benvida a tódolos participantes e ademais fixo unha presentación das principais campañas de promoción realizadas nos últimos anos coa marca ‘Merluza D& Burela’.
Puxo en valor a importancia de Burela dentro do sector pesqueiro nacional e internacional, explicando os diferentes tipos de frotas socias da OPP e destacou a ecoetiqueta ‘Pescaenverde’ que converte á frota de altura de Burela que pesca a pescada do pincho na primeira certificada polo seu baixo impacto ambiental.
O turno dos fogóns abriuno o chef Daniel López, do restaurante O Camiño do Inglés, e a súa versión de cociña vanguardista co prato «Merluza D& Burela rechea de marisco», no que aplicou diferentes técnicas: curado do peixe en salmuera, cociñado a baixa temperatura e extracción de proteína para elaborar o pilpil.
Miguel F. Vidal, do restaurante Morgana, ofreceu a receita «Merluza D& Burela á galega; con allada, pataca cocida, cebola e guisantes» como exemplo dunha cociña máis tradicional pero igualmente espectacular e saborosa.
A continuación, de novo Daniel López elaborou a súa «Merluza D& Burela frita estilo chino», achegando este produto da lonxa de Burela á cociña asiática.
E finalmente, o chef Miguel F. Vidal pechou a xornada cociñando a pescada do pincho de Burela cun toque picante na súa receita mexicana «Taco de Merluza D& Burela en texturas, crema de aguacate, cebola encurtida e pico de gallo».
O público, no que se atopaban numerosos xornalistas e creadores de contido relacionados co mundo gastronómico, puido degustar cada unha destas elaboracións vivindo unha experiencia gastronómica “mundial” e viaxando co seu padal por diferentes cociñas do mundo tendo como orixe común a lonxa de Burela.
Tódolos asistentes, entre os que se suman case dous millóns de seguidores nas redes sociais, interactuaron cos chefs achegando preguntas sobre cada unha das diferentes formas de preparación da ‘Merluza D& Burela’, amosando así a versatilidade deste produto en canto a formas de elaboración.
Esta acción está cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMPA, incluída no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela (Lugo) co obxectivo de contribuír á trazabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



