Ribadeo, 27 de setembro de 2024. Acisa é un dos patrocinadores da Heroican Race, que se celebra o vindeiro domingo, 29 de setembro, en Ribadeo.
Na proba participarán máis de 300 deportistas, que acudirán á localidade acompañados de familiares e amigos. A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, destacou que “la importancia que tienen eventos deportivos como la Heroican Race para Ribadeo y sus negocios: hoteles, restaurantes, comercios… ya que contribuyen a su dinamización económica”.
E engadiu: “estamos contentos en Acisa de patrocinar, en la medida de nuestras humildes posibilidades, esta cita que vuelve en este 2024 a Ribadeo. Queremos agradecerle a Roberto Ramos y a su equipo que hayan contado con nosotros”.
Roberto Ramos, presidente da asociación Gallaecia Extreme Race e CEO de BeOne, e Carmen Cruzado, presidenta de Acisa, asinaron o acordo de colaboración nas instalacións da asociación empresarial ribadense. Ao acto asistiu o xerente de Acisa, Jesús Pérez.
Premios Volta ao Cole
Por outra banda, Pérez Prada lembra que “a las 14:30 horas de hoy concluye el plazo para reclamar los premios sorteados en la campaña de la Volta ao Cole. Los números agraciados fueron el 1.116, entregado en Os Irmandiños y que corresponde al premio de un colgante de plata de ley exclusivo con madreperla cortesía de Galería Terra Branca; el 2.791, que fue entregado en Hola Ola y que corresponde al reloj Time Force modelo Status Chrono, valorado en 300 euros, donado por Joyería Azabache; y el 868 que fue entregado en Kids&Us, valorado en 100 euros en vales de compra de Acisa Ribadeo”.
E engade que “si los números premiados en la Volta ao Cole no aparecen los premios volverán a sortearse en las próximas campañas que organicemos”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



