En total, preto de 2.000 persoas de 80 asociacións beneficiaranse este 2024 destas viaxes pola xeografía lucense coas que a institución apoia a actividade do turismo, a hostalería e o comercio local
Lugo, 17 de setembro de 2024. A Deputación de Lugo levará esta semana de viaxe a máis de 180 persoas de seis colectivos da provincia co Coñece a túa provincia, o programa de rutas gratuítas que impulsa a institución provincial para favorecer o turismo de proximidade e dinamizar a economía local. Os participantes de entidades sen ánimo de lucro dos concellos de Lugo, Burela, Begonte, Foz, Mondoñedo e Láncara viaxarán, desde este martes e ata o venres, polo territorio lucense grazas a estas viaxes organizadas para colectivos sen ánimo de lucro da provincia.
Este martes, as asociacións Mulleres Rurais de Alfinete e Lugo en pé…na defensa do rural, ambas da capital lucense, abren a semana con destinos á Mariña e a Ribeira Sacra. No caso de Mulleres Rurais, partiron desde o Centro de Interpretación Terras do Miño con destino a Barreiros e Ribadeo, mentres que os membros de Lugo en pé…na defensa do rural comezaron o seu percorrido na Produtora de Audiovisuais da Deputación, para despois visitar Sober e Monforte de Lemos.
O mércores, a Ribeira Sacra volverá ser protagonista. A Asociación Recreativa e Cultural de apoio ás persoas afectadas de cancro Esperanza de Burela visitará o Mazo de Santa Comba antes de dirixirse a Sober e Monforte de Lemos. Pola súa banda, a Asociación de Veciños La Campas de Galegos de Lugo descubrirá a historia do Pazo de San Marcos antes de viaxar tamén a Monforte de Lemos.
Será o xoves cando o Centro Recreativo Cultural e Deportivo de Baamonde visitará o Centro de Interpretación Terras, para logo realizar unha ruta polo concello de Cervo, que inclúe unha visita á fábrica de Sargadelos, á vila de San Cibrao, e á praia do Torno, así como ao Museo do Mar. Ese mesmo día, a Asociación de Veciños O Torques de Marzán de Foz explorará a Montaña, percorrendo os concellos de Pedrafita do Cebreiro, Triacastela e Cervantes.
Para rematar a semana, o venres, os dous colectivos elixiron a ruta que inclúe un percorrido en catamarán polos Canóns do Sil na Ribeira Sacra. Os membros do Círculo Recreativo Casino de Mondoñedo partirán do Pazo de San Marcos, mentres que a Asociación de Veciños San Martiño de Río de Láncara comezará a súa viaxe desde o Centro de Interpretación Terras do Miño.
Case 2.000 persoas desfrutan en total este ano da cuarta edición do Coñece a túa provincia que remata en outubro e que a Deputación de Lugo promove para dinamizar a economía local e poñer en valor o patrimonio natural, cultural e histórico do territorio.
O programa inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.



















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



