A Mariña, 23 de setembro de 2024. O próximo 5 de outubro arrinca a quinta edición do programa de rutas e visitas guiadas en torno á cultura e natureza dos 16 concellos da Mariña Lucense. Baixo o nome A Mariña. Plans con corazón. 16 rutas e visitas guiadas por 16 concellos, trátase dun proxecto promovido pola Mancomunidade, coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, que busca dinamizar a actividade turística na temporada de outono.
Esta iniciativa ven ser a continuación de A Mariña en Ruta, que agora se renova, introducindo novidades e adaptando a súa identidade á nova imaxe de marca turística da Mariña. Foron programadas un total de 16 rutas e visitas guiadas, que se realizan nos 16 concellos que conforman o xeodestino da Mariña, a partir das propostas realizadas polos guías oficiais de turismo Ana Pena, Boris Vilar, Carmen Delia e Noela Feal, coa participación dunha serie de anfitrións, que colaboraron coa empresa especializada en ecoturismo Volta Montana. O resultado é un proxecto que mantén os atributos que quere destacar a Mariña como destino diferente, cercano, aberto, amable e atractivo, un territorio que se conceptualiza no novo lema A Mariña. Galicia de Corazón.
‘A Mariña. Plans con corazón’ desenvolverase durante as fins de semana e tamén os festivos do 12 de outubro e do 1 de novembro, ata o 10 de novembro. Serán 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino, que darán a coñecer a riqueza dos espazos nos que se desenvolven, fomentando o goce das actividades en torno á natureza e ao aire libre, ademais de coñecer de primeira man as manifestacións culturais do xeodestino.
O acto de presentación do proxecto tivo lugar este mediodía no Cenima, en Foz, e contou coa presenza da presidenta da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Rocío López, quen subliñou que “tras o éxito deste programa durante os catro anos anteriores,con cerca de mil participantes, o proxecto pretende continuar neste 2024 dando a coñecer a riqueza natural e cultural dos diferentes municipios do xeodestino, a través da organización de diferentes rutas e visitas guiadas da man de guías de turismo oficiais de Galicia locais e diferentes anfitrións. A continuidade deste programa afianza a figura destes axentes así como a calidade e diversidade de opcións de ecoturismo existentes na Mariña Lucense fóra da temporada de verán”.
Tamén sinalou que “o proxecto ofrece a oportunidade de coñecer o noso destino, descubrindo lugares que poden ser máis descoñecidos e recónditos, manisfestacións culturais, etnográficas e artesás. Todas son propostas diferenciadoras, diversas e inclusivas, algunhas con visitas a muesos, produtores e artesáns, degustacións e teatralizacións, que se amosan como un escaparate ideal para gozar con maior intensidade dos recursos da Mariña Lucense”.
No acto celebrado no Cenima tomaron tamén a palabra Fran Cajoto, alcalde de Foz; Tania Hermida, axente de desenvolvemento turístico da Mancomunidade; Carmela López, deputada provincial de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas; e Javier Arias, delegado territorial da Xunta en Lugo e asistiron representantes dos Concellos así como os guías que participan neste programa, da empresa coordinadora e da Asociación Rebinxe pola recuperación da Biodiversidade na Xeografía Rural.
Éxito da pasada edición
Rocío López aludiu ao éxito da edición deste programa de rutas e visitas guiadas pola Mariña en 2023, xa que “o ano pasado contou con moi boa acollida, cun total de 288 persoas repartidas nas dezaseis actividades programadas. A totalidade dos participantes que responderon ás enquisas de satisfacción que realizamos trasladáronnos que o programa debería ter continuidade no tempo, que dinamizaba a oferta cultural da Mariña Lucense e que recomendaría a experiencia a outra persoa. A valoración xeral da iniciativa foi de 9,2”.
Apoio á sostibilidade
Na presentación tamén se lembrou que, como novidade da pasada edición, a empresa encargada da organización e xestión do programa, Volta Montana, destinou parte dos ingresos á contribución aos obxectivos da sostibilidade, de maneira que, ao finalizar o programa, calculouse da man da empresa líder no sector Carbono Gestión a pegada de carbono derivada da asistencia dos participantes (6,9 toneladas de CO2), quen facilitou ademáis unha guía de boas prácticas para próximas edicións que durante esta edición axudará a conformar un decálogo de boas prácticas para difundir entre os asistentes.
Ademais, realizouse una doazón á Asociación Rebinxe, para axudar á recuperación da Biodiversidade na Xeografía Rural, en concreto para a investigación sobre parámetros poboacionais e etolóxicos de mamíferos silvestres no norte da provincia de Lugo e, sobre todo, na Serra do Xistral.
Por último, e co obxectivo de contribuír a rematar o uso de plásticos, na edición deste ano proporcionarase aos participantes botellas reutilizables coa nova imaxe de marca da Mariña.
A Mariña. Plans con corazón. 16 rutas e visitas guiadas por 16 concellos
As actividades desenvolveranse as fins de semana de outubro e novembro así coma os festivos do 12 de outubro e 1 de novembro. Terán unha duración de 2 a 4 horas e poderán participar nas mesmas ata un máximo de 25 persoas.
O prezo será de 5 euros para individual; 8 euros para parella; 12 euros para familias ou grupos de ata 5 membros.
A información sobre a rutas e as reservas de prazas realizarase a través da web de Turismo de A Mariña Lucense: https://amarinalucense.gal/es/a-marina-planes-con-corazon.
Mes de outubro
1. Sábado 5– Burela de Cabo a rabo. Con Noela Feal.
2. Domingo 6 – Revelando os misterios e a beleza do litoral do Vicedo. Con Boris Vilar.
3. Sábado 12 – Paisaxe fluvial e etnografía. Trabada. Con Carmen Delia.
4. Domingo 13 – Xove: Ruta costeira de Portocelo a Punta Roncadoira. Con Boris Vilar.
5. Sábado 19 – Auga e milagres no Ermo. Barreiros. Con Carmen Delia
6. Domingo 20 – O tesouro escondido. Alfoz. Con Ana Pena.
7. Sábado 26 – Parroquia de Lieiro (Cervo), onde se unen o liño e o mar.Con NoelaFeal.
8. Domingo 27 – Sabor a mar. Foz. Con Ana Pena.
Mes de novembro
9. Venres 01 – A sorprendente natureza da Serra do Xistral. O Valadouro. Con Boris Vilar.
10. Sábado 02 – Mondoñedo: a Dios rogando, con el mazo dando. Con Noela Feal.
11. Sábado 02 – Da horta ao mar, vila comercial. Ribadeo. Con Carmen Delia.
12. Domingo 03 – Lendas, paisaxe e cultura. Lourenzá. Con Carmen Delia.
13. Sábado 09 – Ruta polos cemiterios indianos de Ourol. Con Noela Feal.
14. Sábado 09 – Forxados a lume. A Pontenova. Con Ana Pena.
15. Domigo 10 – Cando a biodiversidade se fai dona do patrimonio industrial. Viveiro. Con Boris Vilar.
16. Domingo 10 – As bondades da natureza. Riotorto. Con Ana Pena.






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



