O Valadouro, 10 de setembro 2024. A decisión da ata hoxe alcaldesa María José Fernández de romper o goberno e cederlle a alcaldía do Valadouro ao Partido Popular é algo que desde o BNG consideran fóra de toda lóxica e de toda ética. O BNG despois das eleccións municipais de 2023 traballou para construir un goberno de progreso no concello, e efectivamente conseguíuno a través dun pacto co Psoe e con Udival. E nese goberno tripartito o BNG puxo todo o necesario tanto a nivel humano como a nivel de xestión e de recursos para mellorar a vida da veciñanza do Valadouro, demostrándoo no traballo diario nas concellarías de Medio Rural, xestionando brigadas de incendios, pistas forestais… ou desde a concellaría de Cultura dinamizando o Valadouro, organizando eventos tan importantes com as feiras de razas autóctonas, os mercados….festas populares…, potenciando a escola de música…etc, concellarías estas que estiveron baixo a dirección de Eduardo Chao. E outro tanto desde a concellería de Educación, Conciliación, Deporte e Obras, donde coa labor contínua de Eliseo Teijeiro conseguíuse mellorar moitas infraestruturas e conseguir outras novas coma a grada do campo de fútbol, pista de pádel… ademais de dar un impulso á dinamización social no concello con numerosas actividades.
O Partido Popular, sempre con artimañas e pola porta de atrás
“Cando a esmola é tan grande ata o santo desconfía”
“É unha mágoa que a decisión da ata hoxe alcaldesa sirva para poñer na alcaldía ao Partido Popular e rachar co goberno de progreso que confeccionáramos para o Valadouro” afirmou Eduardo Chao que engadíu tamén que “resulta curioso que hoxe María José Fernández vaia poñer de alcalde á persoa que ela mesma co seu voto botou da alcaldía na moción de censura de 2013”. “E neste caso, como dice un vello refrán: Cando a esmola é tan grande, ata o santo desconfía” rematou decindo e afirmando que “máis cedo ca tarde saberemos a que xogou aquí cada quen e como xogou, pero de momento o que sabemos e agora se confirma unha vez máis é que o PP sempre recurre ao xogo sucio sen a máis mínima elegancia nin o máis mínimo rubor. Ese partido que nos deixa sen médicos, é agasallado agora por Udival coa alcaldía”.
O BNG seguirá traballando para recuperar e liderar un goberno de progreso en beneficio do Valadouro
Eduardo Chao e Eliseo Teijeiro e toda a asemblea local do BNG quixeron tamén enviar unha mensaxe a toda a cidadanía amosando a súa disposición a seguir traballando en beneficio do Valadouro e participando e colaborando tamén con toda a veciñanza e colectivos, desde as súas posibilidades e responsablilidades que agora xa non son de goberno. Neste sentido afirmaron tamén que o seu obxectivo é recuperar e liderar un goberno de progreso e “neste proxecto tenen cabida todas e todos os veciños do Valadouro que coma nós acreditan na defensa do interés público”.























A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



