Barro (Pontevedra), 26 de setembro de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, lamentou que parte da frota galega se atope amarrada debido á falta de posibilidades de pesca, unha situación dixo, “que causa dor” e da cal responsabilizou á mala negociación das TAC e cotas no mes de decembro en Bruxelas. Así o manifestou durante o acto de inauguración das novas instalacións da empresa Mariscos Alumar, onde recordou que desde o Goberno galego xa se puxera o acento entón no mal resultado para os intereses da pesca galega do acordo alcanzado polo ministro Planas no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea. “Un reparto que apenas supuxo avances respecto á proposta elaborada pola propia Comisión” engadiu.
O titular de Mar sinalou que resulta incomprensible o maltrato que se lle da frota galega “cando é unha das máis sostibles e respectuosas co medio ambiente do mundo”, afirmou. Nese sentido, recalcou que é o Goberno central quen defende as posibilidades de pesca no ámbito comunitario e que agora quedou patente que non había motivos para os cualificativos de “históricos” ou “moi bos” que aplicou entón o Ministerio. Por último, recordou a sentenza do mes de xaneiro do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) que sinalaba que no reparto e deseño dos TAC e cotas se debe ter en conta os factores sociais e económicos. Unha resolución, entende o responsable autonómico, que avala as demandas de Galicia para que se revise o actual reparto das posibilidades de pesca.




















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



