Viveiro, 4 de outubro de 2024. A Biblioteca Municipal de Viveiro acolle desde hoxe a exposición ‘Date Conta’ para concienciar, sobre todo á poboación máis nova, sobre as actitudes relacionadas coa violencia machista, fundamentalmente no ámbito da parella.
Na inauguración da mostra, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, quixo dar as grazas “a Isabel Rodríguez, subdelegada do goberno en Lugo, por traer esta mostra a Viveiro”.
Ademais da alcaldesa e a subdelegada do goberno, estiveron no acto a concelleira de Cultura e Muller, Lara Fernández Fernández-Noriega, representantes doutros grupos municipais e María Luisa Castro, xefa da Unidade contra a Violencia da Muller da Subdelegación do Goberno de Lugo.
“As estadísticas reflicten un perigoso incremento das condutas machistas entre as persoas más novas, que moitas veces rematan en actos de violencia física ou psicolóxica”, advertiu Loureiro.
A alcaldesa lembrou iniciativas municipais como ‘Viveiro de igual a igual’, para sensibilizar e educar en igualdade durante todo o ano e non simplemente cando se conmemoran as efemérides como poden ser o 8 de marzo ou 25 de novembro.
“Estamos na obriga de plantar a semilla da igualdade na sociedade a través de distintos proxectos ou actividades; para iso, é fundamental actuar no ámbito educativo para traballar a igualdade nas aulas e fora delas durante todo o ano e de xeito transversal”, engadiu.
“Queda moito camiño por percorrer pero temos un obxectivo claro: acadar unha igualdade real no noso concello, queremos un Viveiro plural, inclusivo e respectuoso con todos os xéneros e colectivos. Para acadar este obxectiivo, son fundamentais iniciativas como a desta exposición”, rematou María Loureiro.



















A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.



