O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explicou hoxe no Hula que son persoas de entre 70 e 79 anos e poderán participar nun ensaio coa vacina antigripal de protección reforzada
Lugo, 31 de outubro de 2024. A Consellería de Sanidade iniciou onte a vacinación fronte á gripe e a covid-19 nos grandes recintos convocando a 36.160 lucenses de entre 70 e os 79 anos no Hospital Universitario Lucus Augusti, o Hospital Público da Mariña e o anexo do IES Río Cabe.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, supervisou hoxe no Hula a marcha da campaña e explicou que as persoas neste tramo de idade poden participar voluntariamente no ensaio clínico GalFlu para testar a vacina antigripal de protección reforzada.
Arias lembrou que este tipo de vacina xa se está a aplicar a maiores de 80 anos, e o propósito nesta fase de estudo é corroborar se resulta igualmente beneficiosa para as persoas de entre os 65 e 79 anos. No 2023 levouse a cabo a primeira fase, sendo Lugo a provincia que rexistrou unha maior participación; obtivéronse resultados positivos, ao reducir a taxa de ataque de infección por gripe do 14,6% en galegos de 65 a 79 anos non vacinados ata o 10,30% de media na cohorte de GalFlu.
O delegado lembrou que a vacinación das persoas de 80 e máis anos continúa nos centros de saúde de cabeceira; os niveis de cobertura acadados en Galicia neste grupo xa son do 66,5% no caso da gripe, e do 62% no caso da covid, e nos vindeiros días tentarase repescar aos que aínda non se vacinaron.
Ademais, tamén se pode pedir autocita para inmunizar aos nenos e nenas fronte ao virus respiratorio sincitial nos centros de saúde a partir do 4 de novembro e ata finais dese mesmo mes. O departamento sanitario galego pretende recaptar aos nenos e nenas que non se inmunizaron nos hospitais, de forma que agora poderán facelo no seu centro de saúde de cabeceira.
A medida está dirixida a nenos e nenas sen factores de risco nados desde o 1 de abril de 2024 ata que remate a actual campaña, o 31 de marzo de 2025.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



