Alfoz, 17 de outubro, 2024. As familias do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro mantéñense firmes na súa decisión de continuar coa folga, que onte mércores rexistrou un 100% de participación, sen ningún alumno no centro. A situación volve tensionarse tras as últimas informacións contraditorias por parte da Inspección Educativa, que agora pretende indicar que o colexio “non ten necesidades”, en claro contraste co que se lle comunicara previamente á propia ANPA.
Nunha reunión anterior mantida en Lugo coa Xefa Territorial, Sagrario Sánchez, e coa Inspección Educativa, “informárasenos de que existían informes favorables que recoñecían as necesidades do colexio”, indican desde a asociación, confirmando que o centro necesitaba reforzos de persoal. “Agora, inexplicablemente, a Inspección retráctase desas conclusións, o que nos parece unha falta total de criterio”, denuncian desde a ANPA. “Non entendemos como poden cambiar de criterio dun día para outro. Esta contradición é unha manipulación clara da información, probablemente por presións políticas”.
Ademais, a ANPA critica as recentes declaracións de Javier Arias, Delegado da Xunta en Lugo, quen afirmou que a Xunta mantén o mesmo criterio para todos os colexios da provincia. “Isto non é certo”, subliñan desde a ANPA, “en outros colexios con números similares de alumnos están asignando máis mestres e incluso servizos de Pedagoxía Terapéutica. É evidente que se está discriminando ao CEIP Castro de Ouro, e non imos quedar de brazos cruzados”.
O descontento entre as familias non fai máis que aumentar. “Non só nos están enganando coa información sobre as necesidades do colexio”, explica un representante da ANPA, “senón que a comunicación por parte da Xunta está sendo inexistente. Javier Arias di que están dispostos a falar connosco, pero ninguén se puxo en contacto coas familias directamente. Todas as noticias chegan a través do colexio”.
A folga, organizada polas familias, manterase en marcha tamén durante o día de hoxe. A ANPA convocou unha reunión urxente ás 19:00 na Casa da Cultura, que terá lugar despois dun Consello Escolar, onde a dirección do colexio informará sobre a decisión transmitida pola Inspección Educativa de Lugo en relación ás necesidades do centro. As familias decidirán entón cales serán as novas medidas a seguir en función desa información.
Desde a ANPA subliñan que a continuidade da folga dependerá das conclusións presentadas no Consello Escolar. “Temos que analizar con calma as novas que reciba o centro e decidir como proceder. A nosa prioridade segue sendo defender a educación dos nosos fillos”, afirman.
Por outra banda, a ANPA tamén está valorando outras accións de protesta. Unha das posibilidades que están sobre a mesa é a participación en manifestacións a celebrar en Santiago, que se están a organizar por diferentes colectivos. “Estamos considerando unirnos a estas mobilizacións, que comparten obxectivos similares aos nosos, para sumar forzas na loita polos recursos educativos que nos corresponden”, explican.
A ANPA insiste en que non deixarán de loitar ata que se restablezan os recursos que o colexio necesita. “As contradicións e a falta de transparencia por parte da Xunta son inadmisibles”, conclúen. “Queremos solucións baseadas en criterios técnicos, non en manobras políticas”.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



