Vilalba, 11 de Outubro de 2024. O Vicealcalde e Responsable de Mobilidade no Concello de Vilalba, Modesto Renda, puxo hoxe data e hora á entrada en vigor da xa anunciada ampliación da Zona Azul. Será este vindeiro luns día 14 de Outubro ás 09:00h e a regulación do estacionamento afectará á Praza de San Xoán e a un tramo da Rúa de Galicia comprendido entre a súas interseccións coas Rúa do Calvario e a Rúa Nova.
Renda, que contextualizou a medida na necesidade de “dar resposta a unha demanda unánime dos comerciantes e hostaleiros/as de ámbalas dúas localizacións”, explicou que o horario será o mesmo que o das restantes zonas xa reguladas, isto é: de luns a sábado de 09:00 a 14:00 horas, estando permitido o estacionamento de maneira gratuíta nun período máximo de 90 minutos.
“O noso obxectivo é evitar que se aparque o vehículo desde a mañá ata a noite, ao tempo que se deixa unha marxe de tempo gratuíto para facer xestións ou compras”, declarou.
Con todo, o Vicealcalde fixo especial fincapé en que a prioridade do Concello será agora a consecución de zonas alternativas de estacionamento “100% públicas e gratuítas” e que dende a área de Mobilidade xa se leva meses traballando neste senso.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



