Entre os días 1 e 3 de decembro AMODO, Conversas Arredor da Gastronomía na Mariña convocará a destacados profesionais gastronómicos e a medios de comunicación especializados
Foz, 29 de novembro de 2024. Gastronomía e innovación uníranse este domingo no comezo de AMODO, Conversas Arredor da Gastronomía na Mariña. Estes encontros gastronómicos, que terán lugar entre o domingo 1 e o martes 3 de decembro, están organizados pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense co obxectivo de mostrar a importancia da gastronomía no seu territorio.
O domingo 1 de decembro darase a benvida aos relatores participantes e aos periodistas especializados convidados ás xornadas, pertencentes a medios como El País, La Vanguardia, ABC… Desta forma comezará un press-trip no cal,durante os tres días de duración do evento, estes profesionais coñecerán de primeira man os atractivos da Mariña Lucense e a diversidade de produtos e proxectos que conforman o seu ecosistema gastronómico, así como o recentemente creado Colectivo Gastronómico da Mariña.
O día principal das xornadas será o luns 2 de decembro, no que terán lugar, no Auditorio da Fábrica de Sargadelos en Cervo, unha serie de conferencias e unha mesa redonda entre as 9:00h e as 17:30h. Estes eventos serán de balde e sen necesidade de inscrición previa, con acceso libre ata completar aforo.
A través de persoas destacadas no ámbito gastronómico e turístico como David Mora, director do máster de Turismo Gastronómico do Basque Culinary Center de San Sebastián; Pep Palau, fundador de Galicia Fórum Gastronómico e de Barcelona Fòrum Gastronòmic; ou María Solivellas, cociñeira(Ca Na Toneta, Mallorca. 1 estrela verde na Guía Michelin); abordáranse temas como a influencia da gastronomía no turismo e na cultura, e presentáranse proxectos gastronómicos afíns da man de profesionais como Lucía Freitas; cociñeira (A Tafona, Santiago de Compostela. 1 estrela Michelin) e coordinadora de Amas de Terra; Pepe Ferrer, embaixador gastronómico do Consello Regulador da D.O. Vinos de Jerez; ou Lluis Nel Estrada, director de Gastrollar e da Escuela Popular de Gastronomía Sostenible de La Ribera. Para rematar o día farase entrega do I Premio Merlín na Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, que recoñecerá a un proxecto gastronómico destacado.
O martes 3 de decembro poñerase o punto e final a AMODO, Conversas Arredor da Gastronomía na Mariña coa finalización do press-trip e a despedida aos profesionais e aos periodistas especializados.
Gastronomía e territorio
AMODO, Conversas arredor da gastronomía na Mariña é un encontro vinculado á gastronomía, organizado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense coa colaboración, na secretaría técnica de Jorge Guitián e Anna Mayer -profesionais no ámbito de proxectos gastronómicos- e do Colectivo de Gastronomía da Mariña.
Este evento nace do Plan Director de Turismo Gastronómico da Mariña, presentado o pasado mes de xuño en Viveiro, no contexto do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense que xestiona a Mancomunidade; cofinanciado entre esta entidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.
O obxectivo desta convocatoria é posicionar ao territorio da Mariña como un espazo creativo e innovador que reflexiona sobre a súa realidade gastronómica, así como reforzar a gastronomía como un eixo fundamental da imaxe de marca do destino.
Programa da xornada do luns 2 de decembro
9:00h – Inauguración oficial por parte de autoridades e presentación.
9:30h – SESIÓN I: Dar visibilidade, xerar imaxe de destino.
9:30h – David Mora. Director do master de Turismo Gastronómico do Basque Culinary Center de San Sebastián.
10:15h – Pep Palau. Fundador de Galicia Fórum Gastronómico e de Barcelona Fòrum Gastronòmic.
11:00h – Tempo para pausa-café e visitas libres.
12:30h – Mesa redonda: A gastronomía desde unha perspectiva cultural.
Claudia Polo. Escritora e comunicadora gastronómica (Zaragoza).
Rosa Molinero. Xornalista e escritora (Barcelona).
Yanet Acosta. Xornalista e docente. Directora de The Foodie Studies (Madrid).
María Solivellas. Cociñeira (Ca Na Toneta, Mallorca. 1 estrela verde na Guía Michelin).
13:50h – Tempo para a comida.
15:45h – SESIÓN II: Proxectos afíns.
15:45h – Lluis Nel Estrada. Director de Gastrollar e da Escuela Popular de Gastronomía Sostenible de La Ribera.
16:15h- Pepe Ferrer. Embaixador gastronómico do Consello Regulador da D.O. Vinos de Jerez.
16:45h – Lucía Freitas. Cociñeira (A Tafona, Santiago de Compostela. 1 estrela Michelin) e coordinadora de Amas de Terra.
17:30h – Remate oficial da xornada de conferencias.
A xornada rematará coa entrega do I Premio Merlín na Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, en Mondoñedo, co que se recoñecerá un proxecto gastronómico.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



