Segundo a información recibida no 112 Galicia por parte dos equipos de extinción, ardeu un alpendre que tiña acumulado no seu interior uns dous camións de leña. O 112 Galicia foi coñecedor do sucedido ás 04:45 horas da madrugada mediante o aviso dun particular que indicaba que estaba ardendo un alpendre situado en A Picañeira, na parroquia de Roás, en Cospeito. Nesta primeira chamada xa indicaba que non había persoas afectadas nin vivendas preto. Desde a sala de operacións do 112, pasouse aviso aos Bombeiros de Vilalba e á Garda Civil. Nestes momentos, o lume está extinguido e están procedendo a arrefriar a zona. Por fortuna, ningunha persoa resultou afectada.
Incendio nun alpendre en Cospeito
Incendio nun alpendre en Cospeito
Relacionado
-
O Concello de Vilalba sorteará dúas cestas de Nadal no baile do día 22 de decembro
-
A Xunta adxudica as licenzas de practicaxe de buques para, entre outros, Cariño, Burela e Viveiro
-
O PSdeG provincial considera “premeditado e ofensivo” que a Xunta poña en dúbida “o arraigamento” da Feira do Capón de Vilalba