Os concelleiros do Partido Popular votaron en contra desta medida que “afecta directamente ao peto dos laurentinos”
Lourenzá, 14 de novembro de 2024. O PP de Lourenzá advirte aos veciños e veciñas da subida de impostos e taxas municipais -concretamente, da contribución (IBI) e da auga- aprobada hoxe en solitario polo goberno local do PSOE.
Deste xeito, o Concello aplicará nos recibos do vindeiro ano unha suba de entorno a un 25%; xa que “o IBI sube máis dun 27% e a auga máis dun 24%”. Os concelleiros do PP votaron en contra desta medida.
Os populares afean a “falta de traballo e de previsión do goberno socialista” que deriva “nesta subida que afectará directamente aos petos dos laurentinos”. Ademais critican que “a subida se aplique de forma abrupta” en lugar de “teren revisado os tipos impositivos e as taxas con máis frecuencia, no caso de estar xustificado”.
Os concelleiros do Grupo Municipal Popular tamén advertiron durante o pleno que o tipo impositivo do Imposto de Bens Inmobles -coñecido como contribución- supera a media dos concellos da comarca que se sitúa nun 0,55% para a urbana e 0,57% para a rústica. O Concello de Lourenzá pasará a cobrar o 0,70% do valor catastral de inmobles tanto urbanos coma rústicos.
O PP laurentino bota en falta, por outra banda, bonificacións nestes impostos e taxas en beneficio das familias numerosas ou persoas con menos recursos ou outras dirixidas a favorecer o asentamento de actividades empresariais como, por exemplo, as vinculadas ao turismo ou o Camiño de Santiago. As bonificacións do 95% aplícanse á actividade agrícola e ás actividades económicas, “pero só no caso de que fomenten o emprego”. Nese sentido, cren que “sería positivo bonificar estes e outros impostos e taxas para fomentar a implantación de empresas de diversos sectores para tratar de xerar novas oportunidades e contribuír a asentar poboación”.
UN GOBERNO SEN PREVISIÓN
Os populares sinalan que “nesta ocasión a alcaldesa adiantou a celebración do Pleno para que a subida destas taxas se poida aplicar xa no vindeiro ano 2025”. É, polo tanto, “un exemplo máis de que as cousas se fan ás présas, no último momento e sen previsión”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



