Cervo, 13 de novembro de 2024. O proxecto “Cada Pinga Conta” que foi presentado o pasado mes de xullo dentro do programa Agrupacións Escolares, xunto cos centros educativos CRA Lena (Asturias), CEIP Tagoror (Gran Canaria), CEIP de Cervo (Lugo), CEIP Pintor Sorolla (Elda) e o CEP Antonio de Ulloa (Cartaxena), foi aprobado polo Ministerio de Educación coa segunda mellor valoración a nivel nacional.
Cada un dos centros participantes recibirá unha subvención superior aos 10.000 euros para completar o proxecto. Os estudantes de primaria serán os responsables de levar a cabo esta importante iniciativa, que finalizará dentro de dous anos cunha gran mobilidade do alumnado de sexto dos cinco centros educativos durante o mes de xuño de 2026, nunha viaxe aos Pirineos.
A elección da temática do proxecto, “Cada Pinga Conta”, que ademais coincide co Proxecto Documental Integrado do centro para este curso, baséase na necesidade de concienciar á sociedade sobre a importancia dun uso responsable da auga, un dos maiores desafíos do século XXI ao que se enfrontará a sociedade e, por tanto, o alumnado. Ademais, terase en conta a súa integración curricular, dado que a auga é unha parte esencial da química da vida.
A través deste proxecto, contribuirase á adquisición dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030. Con todo, o título do proxecto encerra unha metáfora, xa que “Cada pinga conta” fai referencia directa á inclusión de todos os membros das comunidades educativas que forman a agrupación, cun enfoque especial cara ao alumnado máis vulnerable.
O proxecto ten como obxectivo traballar o perfil competencial do alumnado, especialmente no que respecta á competencia lingüística, dixital, social e cidadá. A cooperación territorial ampliará a contorna de aprendizaxe de todos os membros da comunidade educativa, enriquecendo tanto a formación do profesorado como o proceso de aprendizaxe do alumnado da agrupación.
Todo isto levará a cabo mediante a implementación de metodoloxías activas e o fomento de aprendizaxes no ámbito STEAM, desde unha perspectiva integradora e de compensación de desigualdades, na que a inclusión e a equidade serán os principios fundamentais que guiarán a práctica docente e o desenvolvemento deste proxecto.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



