Os populares reivindican o seu labor de oposición: fiscalizar ao bipartito “con respecto e intensidade” e facer propostas positivas ás que o goberno local vota sistematicamente en contra”
Burela, 15 de novembro de 2024. O PP de Burela explica, ante as declaracións da señora López Moreno, que “o Grupo Municipal Popular é a oposición ao seu goberno bipartito e dentro das nosas funcións está a de fiscalizar con máximo rigor as accións ou a falta de accións do mesmo”.
O portavoz, Manuel Rouco, sinala que “a diferencia do que a señora alcaldesa fai con nós, como representantes públicos do pobo de Burela, si que respectamos aos concelleiros e concelleiras do goberno local. Tal é así, que mantemos a mesma intensidade no control das súas accións, tal e como facíamos co goberno do seu predecesor. A diferencia é que a señora López Moreno non para de cometer erros importantes”.
Un dos exemplos que se fixo público recentemente é o feito de “prometerlle aos traballadores do Concello algo do que xa estaba advertida que non se podía facer. E, aínda así, mantivo esa promesa ata que os representantes dos traballadores viron que se achegaba o final de ano e que eses 200.000 euros que lles prometera en produtividade non se ían a repartir. Cando lle preguntaron recentemente por eses cartos tivo que recoñecer que non se ían poder repartir porque era ilegal, pero vostede voluntariamente non ía a dicir nada, mantiña o seu engano ata que foi presionada para que dixera a verdade”. Polo tanto, “a rexedora socialista de Burela actuou mal e así o denunciamos”. Ademais, “fíxoo sendo sabedora de que a partida na que ían incluídos eses cartos no orzamento non era a de produtividade senón a de continxencias, que non está legalmente disposta para esta finalidade”.
“Ante a respectuosa intensidade fiscalizadora do PP en relación ás súas accións ou falta delas, a señora López Moreno só saca a relucir, desde o comezo deste mandato, o insulto, a difamación e a mentira. Todo elo feito publicamente e sen rubor”, sinalan os populares que, ademais, condenan que “o leve ao terreo persoal chegando a negar publicamente o saúdo nos actos institucionais aos concelleiros e concelleiras da oposición, algo nunca visto en Burela”, inciden. “O respecto pola diversidade ideolóxica e a man tendida son palabras que a señora López Moreno pronuncia a miúdo, pero no que vai de mandato aínda non practicou”, segundo consideran.
PROPOSTAS PARA MELLORAR BURELA E A VIDA DOS VECIÑOS
Outra das funcións da oposición é a de levar propostas á corporación para tratar de mellorar a vida e o día a día dos veciños e veciñas; pero a resposta diaria, a case todas elas, por parte do equipo de goberno bipartito é un non rotundo aínda que foran ideas que a señora López Moreno compartira en plena campaña electoral”.
Os concelleiros do PP explican que “no que vai de mandato levamos iniciativas a todos os plenos, incluso son máis numerosas que a do propio goberno”. Algúns exemplos son a posta en funcionamento da radio local, un plan de limpeza regular e control sanitario das fontes, a retirada dos vehículos abandonados da rúa, pagar aos veciños polos terreos de Torrentes o que o Xulgado ditou ao Concello, un estudo para a localización do mercado dos venres…
Polo tanto, “a señora López Moreno non nos ten que pedir que fagamos propostas positivas para o pobo de Burela, xa as facemos. O que pasa é que a vostede non lle gusta que sexan ideas do Partido Popular e por iso vota sistematicamente en contra”, sinalan.
Ademais, aclaran que “non é certo que criticamos absolutamente todo” porque nos Plenos apoiamos algunhas das propostas das que levan o PSOE e o BNG, aquelas que consideramos que son aceptables e melloran o día a día da nosa veciñanza e que vemos que foron presentadas sen ningún tipo de irregularidade”.
“Se a señora López Moreno non quere criticas á súa xestión teno moi fácil: que faga as cousas ben. Por desgraza para os veciños e veciñas de Burela, as nosas predicións con respecto á súa xestión foron acertadas dende que comezou este mandato e os seus clamorosos erros non paramos de pagalos entre todos”, conclúen.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



