O encontro serviu para avaliar os avances nas áreas de observación e monitorización do medio mariño, a acuicultura sostible e a transformación social e económica así como para debater os desafíos da ciencia e as investigacións mariñas en Galicia
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2024. O Programa de Ciencias Mariñas de Galicia celebrou hoxe a súa quinta asemblea que, baixo o título de “Avances fronte aos desafíos identificados e encontro cos sectores do mar”, reuniu na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a 200 expertos nun espazo de diálogo e colaboración arredor das necesidades e retos da Galicia do mar, e aos que a investigación pretende dar resposta.
O encontro foi inaugurado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, quen estivo acompañado no acto de apertura por Francisco Saborido, coordinador científico do Programa e investigador do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC. Na súa intervención, Villares destacou e agradeceu a labor dos membros da comunidade científica que están facendo posibles os avances do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia, ao que se referiu como “un modelo integrado de xestión do fluxo de coñecemento científico” neste ámbito, e “completamente adaptado ao contexto ambiental, sociocultural, económico e institucional de Galicia”.
Desde a Consellería do Mar, engadiu, “nos enorgullecemos dun Programa clave para a comprensión dos ecosistemas costeiros e mariños e a mellora da xestión da relación das actividades humanas sobre os mesmos”, un Programa que definiu como “pioneiro e de éxito, froito da tenacidade e da constancia dos grandes profesionais” reunidos hoxe nesta quinta asemblea.
Detalles do encontro
O encontro, que estivo organizado polo IIM-CSIC, o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar e o CIM da Universidade de Vigo, contou coa participación de todas as institucións que forman parte do programa entre as que se atopan as universidades galegas, o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) así como o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) e o Instituto Galego de Formación Acuícola (Igafa), dependentes da Consellería do Mar, entre outros.
A cita xirou ao redor de tres bloques temáticos que reflectiron a importancia das innovacións en áreas clave como a observación e monitorización mariña, o aproveitamento sostible dos recursos e a resiliencia dos ecosistemas costeiros. Presentáronse así novas plataformas e tecnoloxías de observación para coñecer mellor o estado do medio mariño, as súas alteracións e o impacto das mesmas, así como os avances para mellorar o coñecemento sobre o estado dos recursos e tamén as tecnoloxías para a mellora das producións acuícola, marisqueira e pesqueira.
Un laboratorio virtual mariño e simuladores de eventos extremos foron algunhas das iniciativas innovadoras presentadas, ademais de avances destacados na dixitalización nas cadeas de valor no sector pesqueiro, na aplicación de ferramentas xenómicas para a mellora das producións na acuicultura e no marisqueo, e os avances para a xestión e abastecemento sostible de semente de moluscos.
Aspectos socioeconómicos
Na súa última sesión, a xornada xirou arredor da importancia de conectar todas as investigacións coas de carácter socioeconómico, valorando a súa importancia no desenvolvemento das principais políticas públicas para os sectores do mar. Os investigadores deron conta tamén dos avances no coñecemento e nas técnicas de análise socioeconómico que permitirán comprender mellor a medida na que as actividades humanas se ven máis ou menos afectadas polos cambios no ambiente, e como os instrumentos da nova regulamentación e das estratexias públicas -Economía Azul, Cambio Climático e Lei de Ordenación e Xestión Integrada do Litoral de Galicia- poderán mellorar a súa eficacia.
O Programa de Ciencias Mariñas de Galicia conta cun orzamento de 10 millóns de euros e no seu desenvolvemento e artellamento é clave o papel da Consellería do Mar. Os avances e resultados acadados no marco desta iniciativa supoñen un paso adiante na mellora da investigación e a innovación no sector, consolidando a Galicia como un referente en ciencias mariñas e impulsando a súa capacidade para afrontar os retos ambientais, sociais e económicos do futuro.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



