Ameijide destaca o traballo que fai o sector privado para o turismo da provincia, xa que “se non fose por hoteleiros, hostaleiros, e todos os empresarios e autónomos vinculados a este sector, non sei como nos iría a Lugo nin quen ía vir, a vista da nula política turística por parte da deputación provincial”
Lugo, 13 de decembro de 2024. Esta mañá celebrouse unha nova xuntanza do Consello Provincial Turismo na que se constatou que tanto PSOE como BNG “seguen apostando por un modelo fracasado ao negarse a dar participación efectiva e real a todos os participantes para que a provincia sexa un destino turístico realmente atractivo para atraer máis turistas”.
Antonio Ameijide sinala que, como nas anteriores convocatorias, “non se trata de convocar xuntanzas por cubrir o expediente, nas reunións debe de haber contidos, facilitarse documentación aos asistentes, algo que non se fai, ademais de ter creadas comisións de traballo que non se puxeron nunca en marcha e que serían moi útiles para deseñar campañas de promoción e difusión da marca Lugo como destino turístico”.
Como sucedeu na última xuntanza do ano pasado, dende o goberno de PSOE e BNG empregaron esta xuntanza do Consello Provincial de Turismo para falar “dos éxitos que supostamente acadaron durante o 2024”, pero a realidade é que non fixeron nada por promocionar a imaxe de Lugo.
Neste senso, Ameijide destacou como exemplo negativo que “durante todo o verán os turistas que chegaron á provincia viron como as estradas da Deputación de Lugo estaban destrozadas e sen desbrozar, unha imaxe que nalgún concello se prolongou ata o mes de outubro, como tampouco se amañaron para garantir a seguridade de todos os usuarios”. “Queda claro que a preocupación de PSOE e BNG por atraer turistas é nula”, sentenciou.
Antonio Ameijide quixo destacar “o gran traballo” que se realiza dende o sector privado en prol do turismo na provincia. “De non ser por hoteleiros, hostaleiros e todos os empresarios e autónomos vinculados a este sector, non sei como nos iría a Lugo nin quen ía vir, a vista da nula política turística por parte da deputación provincial”, afirmou.
De feito, dende o Grupo Provincial Popular insisten na necesidade de realizar xuntanzas periódicas con representantes do sector para “escoitar aos que mellor coñecen o turismo na provincia e coñecer os seus puntos de vista para acadar unha xestión eficaz da promoción de Lugo”.
FALTA DE PROXECTO PARA 2025
Antonio Ameijide denuncia que tampouco se abordaron as liñas mestras que seguirá o goberno da Deputación de Lugo para a promoción da imaxe da provincia durante o vindeiro ano. “É moi triste ver como a piques de rematar o ano aínda non saben o que queren facer en 2025, xa que sería moi axeitado poder debater entre todos os presentes sobre os mellores proxectos para a promoción da provincia en 2025”, criticou.
Nesta ausencia de proxectos tamén chamou a atención a ausencia de explicación sobre a difusión da provincia de Lugo en Fitur. “Dende o goberno provincial deberían de ter pechadas as campañas de difusión e informar delas, entre as que debería de haber reunións con touroperadores e influencers, dúas das mellores liñas de promoción que hai na actualidade”, sinalou.
PROPOSTAS DO GRUPO PROVINCIAL POPULAR
Antonio Ameijide recorda como dende o Grupo Popular se realizaron xuntanzas cos alcaldes e voceiros populares nos 67 concellos da provincia, reunións das que saíron máis de 50 propostas para incorporar aos orzamentos da Deputación para 2025 (PSOE e BNG votaron en contra de telas en conta), entre as que se incluían para o turismo:
Elaborar un Plan Estratéxico de Turismo da provincia que teña en conta as necesidades e peticións das asociacións, entidades e empresas que participan na actividade turística da provincia e que forman parte do Consello Provincial de Turismo, así como a desestacionalización do turismo co obxectivo de diversificar a oferta turística e activar a economía da provincia durante todo o ano.
Apoiar e colaborar de xeito decidido da Deputación de Lugo para impulsar a candidatura de Ribeira Sacra para que consiga no 2026 o recoñecemento pola Unesco como Patrimonio Mundial, con accións como:
Mantemento e mellora das infraestruturas provincias que discorren pola Ribeira Sacra e mellora da sinalización dos seus recursos turísticos.
Regularización, impulso e posta en marcha dos clubs náuticos provinciais para mellorar a oferta de turismo fluvial.
Estudar a posibilidade de ofrecer novas rutas en catamaráns.
Realizar as xestións oportunas para a recuperación e posta en marcha das instalacións de Augasmestas, construídas en 1996 no concello de Quiroga.
Impulsar a construción e continuación da LU-P-4206 para conectar os concellos de Paradela e O Saviñao cunha vía turística e de conexión territorial que percorra a beira do río Miño poñendo en valor a zona e, polo tanto, constituíndo un atractivo turístico máis da Ribeira Sacra.
Garantir o bo estado das comunicacións na provincia, a seguridade das estradas provinciais, o principal acceso a puntos de interese turístico.



















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



