A alcaldesa María Loureiro e a concelleira de Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega, acuden a Madrid para recibir o recoñecemento no Ministerio de Xuventude e Infancia
Viveiro, 9 de decembro de 2024. O Concello de Viveiro recibirá máñá en Madrid o recoñecemento de Cidade Amiga da Infancia de Unicef, despois de varios anos sendo candidata a esta distinción.
A alcaldesa María Loureiro e a concelleira de Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega, recollerán a distinción nun acto que contará coa presenza de Sira Rego, ministra de Infancia e Xuventude, e Gustavo Suárez-Pertierra, presidente de UNICEF España.
Loureiro asegura que ser Cidade Amiga da Infancia “é o resultado de varios anos de traballo e non é simplemente un recoñecemento, senón tamén un reto que nos pon a traballar con moitos deberes sobre a mesa”.
“Asumimos esta distinción coa responsabilidade de levar adiante proxectos para a mocidade, para a rapazada e para a infancia de Viveiro”, apunta a rexedora.
“Traballamos a diario para que Viveiro sexa un lugar mellor e máis amable para os nosos pequenos e pequenas”, conclúe.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



