Alfoz, 22 de xaneiro do 2025. O Castelo de Castrodouro converterase no escenario da exposición itinerante “Á violencia de xénero dille… Non!”, unha actividade organizada pola Consellería de Política Social e Igualdade a través da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero. Esta iniciativa está enmarcada no programa contra a Violencia de Xénero do Concello de Alfoz, que busca sensibilizar á poboación sobre esta problemática social.
A exposición abre este mércores, ás 17:00 horas, cun acto inaugural no que estará presente o Director Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba. O evento pretende ser un punto de encontro para reflexionar sobre a importancia de erradicar esta lacra.
O Castelo de Castrodouro permanecerá aberto aos visitantes de xoves a sábado, en horario de 15 a 18:30 horas e os domingos de 10:30 a 14 e de 15 a 18:30 horas. A exposición permanecerá aberta ata o 14 de febreiro.
Desde o Concello de Alfoz anímase a toda a veciñanza a asistir á presentación e a visitar a exposición, xa que “este é un tema que debemos traballar durante todo o ano. É importante reflexionar sobre esta realidade despois do lamentable suceso acontecido na nosa comarca o pasado mes. A implicación de todos e todas é fundamental para construír unha sociedade máis igualitaria e libre de violencia” apuntan dende a Concellería de Igualdade.
Con esta iniciativa, o Concello de Alfoz reafirma o seu compromiso coa loita contra a violencia de xénero e co apoio ás vítimas, convidando a participar activamente neste tipo de accións de sensibilización.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



