Ribadeo, 8 de xaneiro, 2025. O BNG afirma que “a atención primaria de Ribadeo non mellora”. “Por moito que Daniel Vega prometa e volva prometer que el non cala ante a Xunta de Galicia cando se trata de defender Ribadeo, o paso do tempo confirma que desde San Caetano non lle fan caso ningún e seguen sen cubrir esas baixas ou prazas vacantes”.
“Que fácil lle é presumir ao goberno da Xunta, e aos seus alcaldes e alcaldesas afíns, do bo servizo que, din eles, proporciona a Xunta en materia de sanidade! Éncheselles a boca falando de programas como O neno san e outras cousas semellantes, pero as nosas nenas e nenos, e os adultos en xeral, ben podemos coidar da nosa saúde, que se agardamos polo persoal sanitario que precisamos, imos aviados!”
“Pouco a pouco vaise confirmando o plan oculto do PP de ir reducindo a sanidade pública á súa mínima expresión dando negocio á sanidade privada, que cada vez recibe máis doentes do Sergas porque, ao reducir o persoal, as listas de agarda aumentan sen parar. Non se cobren baixas, non se cobren xubilacións, auméntase o número de doentes a atender por parte de cada sanitario. E así lógrase facer crer que a solución está na sanidade privada”.
Desde o BNG de Ribadeo “seguiremos a insistir na necesidade de cubrir esas prazas vacantes ou baixas. Tanto Pablo Vizoso, desde Ribadeo, como Daniel Castro, no Parlamento de Galicia, volverán demandar que se dote xa do persoal sanitario necesario o noso centro de saúde”.






















A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


