José Tomé Roca asistiu no stand de Galicia da Feira Internacional de Turismo á presentación da campaña promocional da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, A Mariña latexa contigo
Lugo, 23 de xaneiro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou hoxe na presentación da nova campaña promocional da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, titulada A Mariña latexa contigo, que acolleu o stand de Galicia na 45ª edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR). Durante o evento, Tomé Roca destacou “a singularidade e o potencial turístico da comarca”, en referencia ao crecemento constante do turismo na zona.
“A Mariña é un destino que ofrece experiencias únicas, ligadas á natureza, á gastronomía e á cultura, e que se caracteriza pola súa autenticidade e a súa capacidade para conectar co visitante de maneira sostible”, declarou o Presidente. “A campaña A Mariña latexa contigo é unha mostra do noso compromiso por poñer en valor todo o que a nosa terra ten para ofrecer, a través das voces dos propios veciños e veciñas, que son os mellores embaixadores do noso territorio”.
A campaña busca destacar a riqueza natural e cultural da Mariña, un destino coñecido polas súas praias e paisaxes e polo seu patrimonio histórico, as súas festas tradicionais e a súa gastronomía, especialmente a relacionada co mar. O audiovisual presentado na feira recolle as experiencias de veciños e veciñas de todos os municipios que conforman a comarca, poñendo en valor a autenticidade e a calidade dos recursos turísticos da zona.
O Presidente valorou o traballo que realiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña, e o da súa presidenta, Rocío López, e destaca que a Deputación “leva anos traballando man a man coa Mancomunidade para potenciar este tipo de turismo, convencidos de que esta é unha das claves para o desenvolvemento económico e social da comarca”.
José Tomé destacou, ademais, que esta campaña forma parte dun conxunto de accións destinadas a promover un turismo sostible, que respecte os recursos naturais e culturais da comarca. “O turismo na Mariña debe ser entendido como unha ferramenta para xerar benestar económico e social, sen renunciar á preservación do noso patrimonio natural”, afirmou.
Impulso internacional para Expomar 2025
O mandatario provincial asistirá tamén esta tarde á presentación da XX edición da Feira Monográfica Náutico-Pesqueira Expomar, da XXXII Xornadas Técnicas, e o XXVI Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras. O acto terá lugar na Casa de Galicia da capital de España, ás 19:30 da tarde, e servirá para promocionar a nivel internacional a importancia do sector pesqueiro e da industria naval para a nosa comarca e para toda Galicia.
A Deputación de Lugo colabora estreitamente coa Fundación Expomar na organización desta feira, como parte do seu compromiso co sector primario. José Tomé agradeceu á presidenta de Expomar, a tamén Alcaldesa de Burela e Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López, a súa invitación para participar na presentación do 20º aniversario desta feira que “conseguiu posicionarse como un espazo de referencia no sector marítimo e pesqueiro, e evolucionar e adaptarse as necesidades do sector”.
A Feira Expomar 2025, que se celebrará entre o 7 e o 10 de maio na nave de redes do porto de Burela, é un gran punto de encontro para os profesionais do sector marítimo e pesqueiro, así como para as administracións públicas, que se reunirán para abordar os retos e as necesidades do mundo do mar.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



