Os portos autonómicos de Ribadeo e Viveiro rexistraron un incremento interanual do 18% nas embarcacións foráneas cun volume de negocio superior aos 800.000 euros
Madrid, 23 de xaneiro de 2025. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares destacou o auxe da comarca da Mariña de Lugo como destino náutico logo de que ao longo do pasado ano os portos mariñáns recibisen máis de 1.000 barcos en tránsito. O titular de Mar asistiu, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, á presentación A Mariña latexa contigo, en Fitur, e subliñou o potencial crecente da náutica de recreo na contorna mariñá, onde o volume de negocio dos tránsitos en 2024 superou os 800.000 euros.
En concreto, no porto de Ribadeo recibíronse 425 barcos foráneos o pasado ano, mentres que en Viveiro foron 586. A suba dos tránsitos acompañouse do incremento da estadía das embarcacións nos portos galegos. En concreto nos dous peiraos mariñáns rexistráronse máis de 4.200 noites de estancia de barcos transeúntes, fronte ás 3.250 do ano 2023.
Deste xeito os rexistros de tránsitos da Mariña seguen a tendencia á alza do conxunto dos portos autonómicos galegos, que se subiron no 2024 ata os 6.321 barcos foráneos. Tamén as pernoctas se incrementaron respecto ao ano anterior situándose en 36.987, o que sitúa o volume de negocio no conxunto dos portos deportivos da Xunta de Galicia en máis de 5 millóns de euros.
Apoio económico da Xunta
Antes estes datos, o conselleiro do mar mostrou a súa satisfacción “pola consolidación dunha actividade de importante impacto económico non só no sector portuario e náutico senón no conxunto das vilas que acollen portos deportivos”. Neste sentido, ratificou o compromiso do Goberno galego coa náutica de recreo “que se recolle nos propios orzamentos da Xunta para este ano que, por primeira vez, recollen un partida, que ascenderá a 1,2 millóns de euros, para obras de mellora das infraestruturas náutico recreativas”, indicou.
Pola súa parte, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, incidiu na súa participación na presentación organizada pola Mancomunidade de concellos da Mariña que a comarca, “rexistrou no último ano un importante crecemento, converténdose no quinto destino galego onde máis subiu a demanda, concretamente un 11%”. “Estes datos débense en gran parte a que nesta comarca levan anos coidando aspectos moi valorados polos visitantes, como o turismo tranquilo, a preservación do patrimonio cultural tanto material como inmaterial, e o respecto á natureza e ao medio ambiente”, engadiu.
“Este éxito ten que ver coa implicación de todos os sectores relacionados co turismo remando na mesma dirección”, dixo Arias, quen salientou tamén o apoio da Administración autonómica a través da achega dun millón de euros para desenvolver o Plan de Sostibilidade Turística e do convenio anual para colaborar co xeodestino. Neste sentido, lembrou que o convenio está permitindo consolidar o proxecto ‘Turismo Slow Norte de Galicia’ e outras propostas como os Roteiros de Artesanía, as actividades de ‘A Mariña en Ruta’ ou as audioguías ficcionadas para mellorar a experiencia dos visitantes en cada localidade.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



