Viveiro, 24 de xaneiro de 2025. A tenenta de alcaldesa de Viveiro, Míriam Bermúdez, presentou no concello o Plan de Mellora da Accesibilidade de Viveiro, “un paso fundamental para construír un municipio máis inclusivo, máis habitable e máis xusto para todas as persoas”.
“Desde a Tenencia de Alcaldía asumimos con responsabilidade o compromiso de facer de Viveiro un concello accesible, garantindo que todas as persoas, con independencia das súas capacidades, poidan desprazarse e gozar dos espazos públicos en igualdade de condicións. Isto non é só unha cuestión de dereitos, senón tamén de xustiza social e de calidade de vida para toda a veciñanza”, asegura Míriam Bermúdez.
A tenenta de alcaldesa sostén que “o plan non é unha declaración de intencións, senón unha folla de ruta concreta, rigorosa e realista, que recolle o estado actual da accesibilidade no noso municipio e define as actuacións prioritarias para eliminar barreiras e mellorar os nosos espazos públicos”.
Trátase dun documento elaborado por especialistas con criterios técnicos claros, con prazos e orzamentos definidos, para garantir a súa execución de maneira progresiva e efectiva.
Na presentación estivo Álvaro García Bustelo, membro da Xunta Directiva de COGAMI e responsable da Área de Accesibilidade, e Diego Piñeiro Pérez, arquitecto especialista en accesibilidade e responsable da auditoría deste Plan, quen explicou as necesidades detectadas. Por último, interviu Alejandro Rodríguez González, arquitecto encargado da redacción do Plan, que detallou as actuacións previstas.
“Agradezo especialmente o traballo e a implicación de COGAMI neste proxecto, unha entidade referente na loita pola accesibilidade e a inclusión, así como a profesionalidade dos equipos técnicos que participaron na redacción do Plan. Tamén quero recoñecer o esforzo e a boa coordinación do persoal municipal, sen o cal este traballo non sería posible”, apuntou a tenenta de alcaldesa.
“Este traballo responde a un compromiso político firme: cumprimos o programa. Desde o primeiro día apostamos por mellorar a accesibilidade e hoxe damos un paso decisivo nesa dirección. A nosa acción de goberno baséase na planificación e no rigor, porque entendemos que só así podemos transformar a realidade de maneira efectiva e sostible”, engade.
O Plan céntrase nos principais núcleos urbanos de Viveiro, Covas e Celeiro, onde se concentran os servizos e o maior volume de desprazamentos peonís. As actuacións priorizaranse segundo criterios técnicos e de impacto social, garantindo que os investimentos se traduzan en melloras reais para a veciñanza.
Ademais, este Plan non é un documento pechado, “senón unha ferramenta viva, que nos permitirá seguir incorporando melloras, ampliando actuacións e avanzando cara a unha accesibilidade universal real e efectiva”.
“Hoxe damos un paso importante, pero isto non remata aquí. A accesibilidade é un compromiso de toda a sociedade, e queremos que esta transformación se faga da man da cidadanía. Grazas a todas e todos por acompañarnos nesta presentación e por compartir connosco o compromiso de facer de Viveiro un concello máis accesible, máis humano e mellor para todas as persoas”, rematou Míriam Bermúdez.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



