Alfoz, 31 de xaneiro de 2025. Desde a ANPA do CEIP Castro de Ouro de Alfoz “queremos denunciar publicamente a estratexia de manipulación de datos que a Consellería de Educación vén aplicando desde o inicio deste conflito, tratando de confundir ás familias, á comunidade educativa e agora tamén á Valedora do Pobo”.
“A resposta enviada pola Consellería á Valedora é a última mostra desta estratexia, xa que afirman que o noso centro conta con 27 alumnos/as, cando a realidade é que son 39. Este falseamento de datos busca minimizar a gravidade da situación e evitar asumir as súas responsabilidades no cumprimento da normativa vixente”.
“Non é a primeira vez que a Consellería altera os números á súa conveniencia. En cada reunión que mantivemos, foron dando cifras distintas sobre o alumnado matriculado, así como na resposta parlamentaria do conselleiro, onde os datos tampouco coincidían coa realidade do centro, e agora na resposta á Valedora do Pobo, onde se presenta novamente unha cifra manipulada para xustificar a falta de recursos”.
“Ademais, a Consellería está ignorando o impacto dos alumnos con necesidades de apoio educativo, que deben ser ponderados no cálculo das ratios, facendo que a situación sexa aínda máis grave do que xa aparenta. Esta omisión intencionada busca xustificar a falta de docentes, cando en realidade os recursos actuais son claramente insuficientes para garantir unha atención educativa adecuada”.
“A propia Valedora recoñece que a nosa situación é excepcional e recomendou que se cumprira o Acordo do 10 de xullo de 2009 sobre agrupamentos, que impide mesturar alumnos de distintos ciclos cando a cifra supere os 12, e que os sindicatos veñen de denunciar ante os tribunais. A resposta da Xunta pretende esquivar esta realidade con datos falsos e argumentos inconsistentes”, indican as familias.
“Sabemos que detrás desta estratexia hai un intento de evitar a rectificación por parte da Consellería, nun contexto no que a presión mediática sobre este caso é utilizada pola administración como represalia contra as familias. “Tratar de enganar á Valedora do Pobo de forma tan descarada é unha actuación mal intencionada e irresponsable. As familias non imos calar ante esta manipulación e imos seguir loitando para que os nosos fillos e fillas teñan a educación que merecen”, indican desde A ANPA”.
Por todo isto engaden, “esiximos que a Consellería rectifique de inmediato os datos presentados e admita a realidade da situación do CEIP Castro de Ouro”, garantindo os recursos necesarios para que se respecte a legalidade e o dereito a unha educación de calidade. “Sobre todo tras sermos coñecedores de que outros centros educativos, con números similares aos nosos, contan non so cun mestre mais senón con dous”, recalcan desde a ANPA. Eso sen contar a falta dunha especialista en Pedagoxía Terapéutica, retirada neste curso a pesares de haber no centro alumnado con necesidades específicas.
A ANPA seguirá denunciando todas as irregularidades e mentiras da Administración, “porque os dereitos do noso alumnado non son negociables. Como parte desta loita, enviarase unha nova carta á Valedora do Pobo solicitando o seu amparo e esixindo que a Consellería rectifique os datos manipulados e cumpra coa legalidade vixente”.






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



