“Pola resurrección da nosa sanidade” é o lema da mobilización que centra as reivindicacións na alarmante situación tanto do hospital coma da atención primaria na Mariña
Viveiro,19 de febrero de 2025. A Plataforma Sanitaria da Mariña ven de presentar hoxe en rolda de prensa a manifestación que terá lugar o próximo mes de marzo, o domingo 23 ás 12 horas, que sairá da Cruz Vermella e tras atravesar a Ponte da Misericordia , terá remate diante do Centro de Saúde, onde se dará lectura a un manifesto.
Á rolda de prensa asistiron representantes dos colectivos que fan parte da plataforma e a portavoz da mesma, Montse Porteiro recordou a situación que se está a vivir nos centros de saúde en xeral, máis afirmando que nestes momentos a zona occidental da Mariña é o punto con máis déficits na atención sanitaria pola falta de persoal . De igual xeito fixo fincapé na situación de colapso que está a sufrir o hospital da Mariña, con serios déficits de profesionais de múltiples especialidades como cardioloxía , medicina interna, dixestivo ou uroloxía , entre outras, e que fan que as derivacións cara a Lugo sexan masivas nestes momentos. Estes son “os máis e mellores servizos dos que falaba Balseiro, burlándose das e dos mariñaos”.
Viveiro abandonado pola Xunta nestes momentos
Porteiro fixo especial fincapé na situación do centro de saúde de Viveiro, a vila máis grande da Mariña, abandonada pola Xunta nun tema tan importante como a sanidade, ao permitir que un centro onde existe unha dotación de once médicxs de familia leve anos sen estar cuberto na súa totalidade e que en ocasións atopemos que únicamente está o cincuenta por cen da plantilla ou menos. Deuse o caso máis dunha vez “de un/ha soa médica no centro, co que solo podía atender as urxencias e as persoas que tiñan citas concertadas quedaron sen poder ser atendidas, algo que entra en conflito cos principios da Atención Primaria”. Respecto ao servizo de pediatría a portavoz do colectivo lembra que continúa a día de hoxe ao cincuenta por cen, máis asegura “ que as dúas concentracións máis multitudinarias do país demandando pediatras fixéronse en Viveiro,e provocaron a cobertura dunha praza por parte do Sergas”.
Chamamento a toda a sociedade mariñá
Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña facemos un chamamento ao tecido asociativo cultural, deportivo, ao comercio, ao tecido empresarial , ao ensino, aos sectores produtivos como a pesca, o agro e forestal, ás asociacións de pais e nais, ao persoal da sanidade, aos gobernantes da cidade e das localidades, a toda a sociedade mariñá a que acudan a esta manifestación que encherá as rúas de Viveiro para facerlle saber ao goberno da Xunta e ao Sergas que seguimos a loitar por unha sanidade de calidade, digna, de proximidade, gratuíta, integral e integradora e que a Mariña non se rende, como xa deberan saber.
Actos informativos previos á mobilización
O colectivo sanitario tamén anunciou que previamente á manifestación realizarán actos informativos en diversos formatos noutras localidades sobre a situación da sanidade na comarca, actos nos que se está a traballar e que en breve serán anunciados.


























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



