A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático visitou hoxe unha explotación gandeira en Sarria
Sarria, 7 de febreiro de 2025. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, instou hoxe ao Goberno central a revisar o nivel de protección do lobo para garantir o equilibrio entre esta especie e o sector gandeiro.
Durante a súa visita a unha explotación gandeira na localidade lucense de Sarria, a conselleira insistiu na necesidade de adaptar o nivel de protección desta especie á realidade de cada territorio. Nese senso, lembrou que os datos do censo elaborado pola Xunta estiman que a poboación desta especie se mantén estable na Comunidade con arredor de 93 mandas, polo que o Goberno galego considera que o estado do lobo non é desfavorable.
Nesa liña, Ángeles Vázquez subliñou que a Unión Europea avala a posición que defende Galicia sobre o estado de conservación desta especie. De feito, o Comité Permanente do Convenio de Berna do Consello de Europa aprobou a proposta para mudar o status internacional do lobo de estritamente protexido a protexido.
Deste xeito, tal e como incidiu a conselleira, a decisión do Goberno central de incluír o lobo na Listaxe de especies silvestres de réxime de protección especial (Lesrpe) responde unicamente a criterios culturais e razóns ideolóxicas, pero non a aspectos obxectivos nin ao seu estado favorable ao norte do río Douro.
Ademais, a conselleira fixo fincapé en que desde a inclusión do lobo no Lesrpe, en setembro de 2021, en Galicia os avisos por ataques incrementáronse nun 72% e o número de reses afectadas sufriu un aumento dun 57%, o que provoca que algunhas explotacións xa sexan inviables desde o punto de vista económico.
A maiores, a conselleira lamentou que a ministra para a Transición Ecolóxica e para o Reto Demográfico, Sara Aagesen, rexeitase onte mesmo manter unha reunión sobre esta cuestión, tal e como se solicitara nunha carta enviada o pasado decembro, e derivase ese encontro ao secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán.
Apoio ao sector gandeiro
Cómpre lembrar que o Goberno galego leva anos apoiando ao sector gandeiro coa convocatoria de axudas para paliar as consecuencias dos ataques do lobo e para implementar medidas preventivas.
Máis polo miúdo, este ano 2025 convocou tres ordes de axudas por un importe total de 2,5 millóns de euros para a adquisición e mantemento de cans protectores, pastores eléctricos e cerrumes móbiles de malla electrificada (1,5 M€); para a instalación de valados fixos (400.000 euros) e para subvencionar os custos derivados da contratación de persoas coidadoras do gando (preto de 600.000 euros).
Os orzamentos autonómicos para este ano inclúen tamén unha partida de máis de 900.000 euros -un 49% máis que en 2024- para paliar os danos ocasionados polo lobo. Ademais, nesta convocatoria as axudas increméntanse nun 10% polo que oscilarán entre os 41 euros a percibir por un exemplar de gando ovino ou vacún ata os preto de 2.900 euros por unha vaca autóctona de entre dous e seis anos de idade.
De feito, a explotación gandeira que hoxe visitou Ángeles Vázquez en Sarria, recibiu axudas para paliar danos por máis de 1.500 euros e presentou solicitudes para as liñas de financiamento destinadas á implantación de medidas preventivas.






















No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



