O 15-N último o Parlamento de Galicia celebrou o 80 aniversario da constitución en Montevideo, no 1944, do Consello da Galiza presidido por Castelao, composto polos últimos deputados galegos eleitos democraticamente en febreiro de 1936 a xeito de institución fideicomisaria que representaba a vontade de autogoberno expresada pola cidadanía galega na aprobación, no referendo do 28 de xuño de 1936, do Estatuto de Galicia (un millón de votos favorábeis a respecto duns 1.343.000 electores), proposto pola aprobación de máis de ¾ dos concellos galegos na súa asemblea de decembro de 1932 en Compostela.
Aquel evento executaba o moi recente acordo unánime da Mesa do Parlamento de Galicia, en consenso cos grupos do BNG, PSdeG e PPdeG, recoñecendo Castelao, primeiro Presidente do devandito Consello de Galiza (1944-50) como protopresidente da Xunta de Galicia instaurada no segundo Estatuto de 1981 e, xa que logo, consonte co principio democrático, como primeiro Presidente de Galicia, como lle propuxeron á Cámara lexislativa deste país meses antes o Partido Galeguista e máis as Fundacións Galicia-América e Xeito Novo da Cultura Galega; o Padroado da Cultura Galega de Montevideo; a Federación de Asociacións Galegas da República da Arxentina; o Centro Galego de Bos Aires; o Centro Galicia de Bos Aires; o Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo de Bos Aires; a A.B.C. de Corcubión e máis o Centro Betanzos de Bos Aires, malia que despois adheriran tamén o Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires, o Centro da Estrada e máis o Colloquium USA-Galicia.
Alicerzábase aquel recoñecemento na evidente conexión entre o plebiscito de 1936, a constitución do Consello de Galiza como a súa institución fideicomisaria (pois que a única Xunta provisional prevista non podía xuntarse pola morte, prendemento ou falla da súa libre mobilidade pola maioría dos deputados galegos eleitos do 1936 que haberían constituíla co único obxecto de convocar unhas eleccións á primeira Asemblea parlamentaria galega que, porén, non poderían celebrarse pola ocupación do territorio galego polo réxime de facto franquista) e máis a elección de Castelao com ministro representante de Galicia-non do PG nin da Fronte Popular que integraba o PG e validara a súa candidatura de deputado no 1936- no goberno republicano de Giral (1946-1947) a carón dos ministros vasco e catalán nomeados por cadanseus Gobernos no exilio. Cuestións todas que alicerzaron o recoñecemento de Galicia como nacionalidade na Constitución de 1978, de xeito que puido acceder, canda Catalunya e Euskadi, ao máximo nível de autonomía e aprobar o seu Estatuto a medio dun sistema bilateral paccionado entre cadansúas representacións da asemblea de parlamentarios galegos e a comisión constitucional do Congreso.
Seguiu a este recoñecemento a declaración pola Xunta do Ano Castelao 2025, por se celebrar o 7-X o 75º o aniversario do seu pasamento e mais o acto desa mesma data no Panteón de Galegos Ilustres, coa participación de todos os grupos parlamentarios, a alcaldesa de Compostela, o Consello da Cultura Galega, a Academia Galega e máis a Fundación Castelao.
Mais de súpeto, o pasado mércores 29-X, o PPde-G vetou a proposta do BNG “recollendo a luva do Partido Galeguista e das entidades da emigración” de recoñecer Castelao com primeiro Presidente de Galicia, manifestando que o único primeiro Presidente era Xerardo F. Albor (1982-87) e que “Galicia gañou a autonomía na transición”, declarando xa que logo, que Galicia como realidade política e titular do dereito ao autogoberno nace só do réxime de 1978.
O PPdeG rexeita o que xa tiña admitido e esquece que o recoñecemento nacional da Galicia na Constitución de 1978 e no Estatuto de 1981 xurde tanto do plebiscito do Estatuto de 1936 como do Consello da Galiza que mantivo fideicomisariamente o seu legado. Esquece e mesmo refuga que, en realidade, xurde do pensamento e da acción do galeguismo político, que constitúe a fonte xe lexitimidade do noso autogoberno, da autonomía política galega.
Ao rexeitar expresamente o legado de Castelao e do galeguismo político, malia o amosado exteriormente no Pazo do Horreo o último 15-N, o PPdeG non só desautoriza o presidente do Parlamento, Miguel Santalices e á dirección do seu grupo parlamentario, senón que destrúe de vez as fráxiles pontes que comunicaban ou podían comunicar até de agora aquel PPdeG de Cuíña e Palmou co galeguismo.
Coincide esta ruptura de pontes con outro erro antolóxico de Rueda e do PPdeG como é o apoio ao proxecto da celulosa de Altri en Palas de Rei. Semella que esta simultaneidade de dous erros tan graves pódenlles facer perder esa diferenza que até de agora lles permitiu obter absolutas nas eleccións nacionais galegas.




















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



