Ribadeo, 21 de febreiro de 2025. Mañá, sábado, finaliza a súa estancia en Ribadeo o grupo de 30 alumn@s do programa Erasmus + do ISS Enso Ferrari, de Maranello (Italia), que durante quince días estiveron realizando prácticas en empresas de Vegadeo, Castropol, Foz e Ribadeo, da man de APAGA (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia).
Durante estes días foron recibidos no Concello de Ribadeo e aproveitaron para coñecer o patrimonio cultural da comarca da Mariña. Visitaron Mondoñedo, Foz, Ribadeo e a súa praia de As Catedrais así como Santiago de Compostela.
A profesora Barbara Scandurra e os alumnos Vicenzo Salamone e Martino Pla’ destacaron a boa acollida que tiveron por parte das empresas e da cidadanía: “parece que estamos en nuestra casa. Nos encontramos muy bien. Conocimos a mucha gente, muy amable. En las empresas también mucha amabilidad, te explican, tienen paciencia, te ayudan cuando necesitas. La verdad es que se crea un ambiente familiar”, comentaron ambos os alumnos.
Mostráronse sorprendidos pola beleza de toda a zona: “Santiago de Compostela es maravilloso, y también Mondoñedo, Foz y Ribadeo”, indicou Barbara Scandurra, quen non atopa palabras para describir a beleza da praia de As Catedrais.
Os alumnos do ISS Alfonso Ferrari fixeron boas faragullas coa mocidade ribadense: “conocimos a chicos y a chicas del instituto de Ribadeo, vamos a jugar al fútbol…”. Alguno de ellos está dispuesto a repetir experiencia, si es posible.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



