Os nacionalistas proporán no próximo pleno que se volvan a organizar
O Valadouro, 12 de febreiro 2025. Nos últimos anos, o concello de O Valadouro foi un referente no sector agrogandeiro para A Mariña e a provincia coa celebración do “Mes gandeiro” en febreiro, cando tiñan lugar a Feira de Razas Autóctonas, que no 2024 ía pola V edición, as conferencias e charlas técnicas para profesionais do sector, e a Feira tradicional de gando, unha feira que foi recuperada polos nacionalistas e que se celebraba sempre tamén no mes de febreiro. O programa deseñado e executado desde a concellarías que eran responsabilidade do BNG cando formaba parte do goberno, estaba inzado de actividades coma o Concurso Morfolóxico Oficial Cabalo de Pura raza galego, o Concurso de gando, a Demostración de doma e alta escola, as Carreiras de cabalo marchador, o Concurso de andadura….. e todo con importantes premios para os participantes.”Era un mes no que o Valadouro convertíase na referencia do sector gandeiro na comarca e na provincia, e no que se dinamizaba o pobo e a hostelería local, con degustacións nos bares de carne de poldro p. exp, coma no último ano, con actuacións musicais….Levounos tempo e traballo sacar adiante estas feiras e agora que xa estaban consolidadas e ían pola V edición como é o caso da Feira de Razas Autóctonas da Mariña, chegou o Partido Popular e eliminou todo esto que era moi importante e moi positivo para o concello” afirmou o portavoz do BNG Eduardo Chao.
Medio ano de goberno de Lamela: ningunha iniciativa, só destruir o construído
Chao manifestou a súa incredulidade pola decisión do Partido Popular de non continuar con estes importantes eventos que se estaban consolidando e contaban cos parabéns e apoio de todo o sector gandeiro. “Xa vemos agora para que tiña tanto empeño o Partido Popular en acceder á alcaldía pola porta de atrás: para destruír o que construímos nós desde o goberno municipal man a man cos nosos gandeiros” concluíu.
O BNG proporá no vindeiro pleno a recuperación destes eventos gandeiros que dinamizan a economía local e danlle valor aos produtos propios e a os principais recursos do Valadouro: o agro e a gandeiría. “Agardamos que o Partido Popular e a ex alcaldesa de Udival entren en razón e aposten pola recuperación destas feiras e eventos apoiando a iniciativa que imos presentar” manifestaron os nacionalistas.
Partido Popular, cultura a tempo parcial
Desde o BNG referíronse tamén á situación da Casa da Cultura que agora abre a tempo parcial, situación advertida tamén por moitos usuarios e usuarias que viron como desde o 9 ao 24 de xaneiro estivo pechada polas mañás estando aberta só en horario de tarde. A situación lonxe de correxirse, prolóngase no tempo pois o novo horario anunciado polo concello desde o 31 de xaneiro ata o 5 de marzo é de 9:00 a 14:00, quedando pechada pola tarde. “Obviamente non cuestionamos que o persoal teña que ter o seu correspondente descanso, pero haberá que organizar e xestionar ben para que o servizo siga funcionando como funcionou cando nosoutros levábamos a concellaría de Cultura” manifestou Eduardo Chao, quen recordou tamén que agora hai unha concelleira de cultura con dedicación e salario. “Con máis salario ca dedicación, polo que se ve”, subliñou o portavoz nacionalista e concluíu lamentando que a cultura non sexa algo prioritario para o PP.






















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



