Avoga por dirixirse a el de forma construtiva como fai o Goberno galego, con distintas liñas de actuación que están destinadas a paliar a perdas ocasionadas polos fenómenos adversos que lastraron a produción dos anos 2023 e 2024
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2025. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, apelou á unidade de todos os grupos políticos a traballar en prol do sector marítimo-pesqueiro de Galicia. Así o manifestou na súa intervención parlamentaria en resposta á interpelación formulada sobre a situación do sector do mar galego, logo de por en valor o carácter estratéxico de toda a cadea mar-industria, así como do esforzo que realizan a diario o traballadores e profesionais vinculados a este réxime, altamente prexudicado polos episodios de forte pluviosidade e as altas temperaturas que afectaron á producións dos anos 2023 e 2024, e que provocaron unha alta mortaldade das poboacións, o recrutamento e o crecemento das especies.
A este respecto, Villares realizou unha clara defensa do sector, que é resiliente por natureza, e cuxa actividade representa preto do 5% do Produto Interior Bruto de Galicia e o 5,5% do Valor Agregado Bruto. Por iso, destacou a importancia de dirixirse a el de forma construtiva como o está a facer o Goberno galego, con distintas liñas de actuación deseñadas conxuntamente coa xente do mar, e que están destinadas a contribuír a aumentar a súa competitividade, a manter os postos de traballo que xera na actualidade, a garantir a soberanía alimentaria e a sostibilidade dos recursos.
Accións deseñadas co sector
É o caso, dixo, do Plan de Competitividade e Sostibilidade do Marisqueo 2024-2025 dotado con 123 millóns de euros, dos que xa se mobilizaron 70 millóns para axudar a paliar as paradas temporais, a investir na mellora dos equipamentos e infraestruturas portuarias, a restaurar a biodiversidade e os ecosistemas mariños, a aumentar a produtividade dos bancos marisqueiros con problemas de perdas de produción, á xestión da pesca costeira artesanal, á formación profesional ou ao desenvolvemento dos Grupos de Acción Local (GALP).
En paralelo, o conselleiro destacou os proxectos que se están a levar a cabo para impulsar a internacionalización do sector, consolidando o liderado do mesmo no mercado exterior, e que contribúen a que hoxe a comunidade se sitúe na décimo terceira potencia exportadora mundial. Como exemplos citou as campañas de promoción dos produtos para reverter a tendencia existente de baixada do consumo, facendo fincapé na de GALICIA SABE AMAR; nas axudas para a renovación, modernización e mellora da seguridade e habitabilidade a bordo, cifradas en 6,25 millóns; nas destinadas a pemes de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura, que contan cun investimento doutros 10 millóns; ou nos 65,7 millóns para impulsar o espírito empresarial na acuicultura, dende a neutralidade climática e a mellora do rendemento das súas explotacións.
Alianzas recentes
Trátase, en definitiva, de trazar alianzas que teñan por obxectivo seguir apoiando un sector clave na economía galega. Proba delo, é que, tal e como se produciu no día de onte, na xuntanza de traballo que mantivo cos representantes das confrarías da Ría de Arousa, Villares trasladou o compromiso da Xunta de continuar apostando por implantar medidas que impulsen as zonas produtivas do marisqueo, que se sumen aos proxectos de investigación que se están a desenvolver coas universidades galegas para abordar con profundidade os factores que afectan á produtividade dos bancos e ao deseño de actuacións biotecnolóxicas que permitan mitigalas.


















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



