O Deputado Miguel Fernández participou na inauguración dun workshop internacional do proxecto LIFE Wild Atlantic Nature, un acto que se celebra no instituto IBADER e que serve para o intercambio de coñecemento entre socios de Galicia e Irlanda
Lugo, 9 de xuño de 2026. O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este martes na inauguración dun workshop internacional organizado polo instituto IBADER e a Universidade de Santiago de Compostela no marco do proxecto LIFE Wild Atlantic Nature, unha iniciativa europea centrada na restauración de turbeiras.
O encontro reúne en Lugo a especialistas, representantes institucións e persoal investigador de Galicia e Irlanda co obxectivo de promover o intercambio de coñecemento arredor da conservación e restauración destes solos húmidos, ecosistemas de alto valor ambiental e claves na loita contra o cambio climático.
Miguel Fernández puxo en valor que a provincia sexa o escenario deste encontro internacional, subliñando que “é un recoñecemento ao papel da provincia como territorio de referencia en sustentabilidade, biodiversidade e xestión responsable do medio natural”. Destacou que a provincia lucense é unha das áreas con maior riqueza ambiental de Europa, “na que máis do 80% do territorio está amparado por algunha figura de protección, especialmente a través das Reservas da Biosfera, o que reflicte unha traxectoria consolidada de compromiso coa conservación do patrimonio natural”.
Lembrou a xestión da Deputación nas reservas Terras do Miño e Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá. “Exemplos dun modelo de desenvolvemento baseado no equilibrio entre a protección da natureza, a actividade económica e o benestar da cidadanía”, incidiu o Deputado.
Fernández Méndez valorou especialmente o proxecto LIFE Wild Atlantic Nature, que “promove a cooperación entre administracións públicas, comunidade científica e poboación local”, e subliñou que encontros como este “abren novas vías de colaboración internacional e contribúen a dar a coñecer a riqueza natural dunha provincia orgullosa do seu territorio e do traballo das persoas que o coidan cada día”.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



